Inauguración: xoves, 23 de outubro, ás 19:00 horas . Esta mostra fotográfica promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade conta co patrocinio da área de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, e é o resultado dunha viaxe a Cabo Verde en outubro de 2013 por parte do fotógrafo Roberto Amado. O acto inaugural, ao que asiste o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, conta coa actuación do grupo de mulleres caboverdianas residentes en Burela Batuko Tabanka . EXPOSICIÓN: Galicia-Cabo Verde. Unha irmandade (mostra fotográfica de Rober Amado) Inauguración: xoves, 23 de outubro, ás 19:00 horas. Museo Provincial do Mar San Cibrao, Cervo (Lugo