A exposición de cerámica popular de Samos no Museo do Pobo Galego
Logo de permanecer aberta ao público na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo (entre o 11 de agosto e o 28 de setembro) a exposición “Formas tradicionais de cerámica popular. Samos”, comisariada por Orlando Viveiro Veiga e Luis Hixinio Flores Rivas, viaxa ao Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Neste museo vaise manter aberta ao público desde o xoves, 2 de outubro, ás 19:30 h. (inauguración) ata o 2 de novembro.