Free counter and web stats

viernes, 17 de octubre de 2014

CULTURAS EN DIALOGO LUGO ARGENTINA

E
Desde a Área de Cultura comprácenos poder presentar en Lugo esta exposición, en colaboración coa Fundación Madres de Plaza de Mayo‑Línea Fundadora e a Secretaría de Cultura da República Arxentina, dentro do proxecto de Museoloxía Social «Culturas en diálogo: Lugo‑Arxentina», que levamos desenvolvendo ao longo de todo o ano.
Con esta exposición presentamos un total de 60 historias de vida de mozas e mozos que foron vítimas da cruenta represión da última ditadura militar en Arxentina e do terrorismo de Estado. Mozas e mozos que deron a súa vida por un mundo mellor, máis xusto e solidario.
Historias que nos gustaría que axudasen a mirar cara ao futuro sen esquecer o pasado, e tendo sempre presente o horror que nunca debe volver a repetirse.
[Mario Outeiro Iglesias, deputado delegado de Cultura na Deputación de Lugo]

»» Esta exposicón forma parte do proxecto de (Museoloxía Social «Culturas en diálogo: Lugo Arxentina»)
Enlaces de interese: