Entre as actividades organizadas pola Rede Museística da Deputación de Lugo dentro do tecido social, como resultado a aplicación da Museoloxía Social na que esta Rede é unha das pioneiras en Galicia, e con motivo da semana do Orgullo LGTBIQA+LUGO DIVERSX, mañá mércores, día 27, vai ter lugar a actividade MARAVILLOSAMENTE DIVERSXS , pois e n 73 países aínda seguen a estar penalizadas as relacións afectivas entre persoas do mesmo sexo e ata nos que están xuridicamente protexidas, prodúcense agresións e ataques, tanto directos como indirectos. Todxs temos dereito a vivir sen sermos perseguidos, rexeitados, ridiculizados, insultados, afastados, pola nosa condición sexual. Ás veces o medo ao rexeitamento dos demais fai que nos rexeitemos a nós mesmos, e só cando nos aceptemos a nós mesmos, poderemos vivir en liberdade a nosa individualidade conquerindo persoas, familias, cidades, comunidades, planetas MARAVILLOSAMENTE DIVERSXS. Esta actividade, coordinada por Encarna Lago, vai ser realiz