A xerente da Rede Museística Encarna Lago no Comité de Honra da VII Bienal de Arte Contemporáneo da Fundación ONCE
A xerente da Rede no Comité de Honra da VII Bienal de Arte Contemporáneo da Fundación ONCE
A xerente da Rede Museística, Encarna Lago, forma parte da Comité de Honra da VII Bienal de Arte Contemporáneo da Fundación ONCE, evento que coincide co 80 aniversario de creación da ONCE, que se vai desenvolver no Centro Cibeles de Madrid do 5 de xuño ao 16 de setembro.
A Bienal de Arte Contemporáneo é un ambicioso proxecto da Fundación ONCE cuxo obxectivo primordial é recoñecer e difundir a obra de artistas con algún tipo de discapacidade ou de aqueles que atopan na discapacidade a súa inspiración. E a súa misión é conseguir os dous obxectivos claves da Fundación ONCE:
-ACCESIBILIDADE: cultura accesible para todos traballando desde distintos ámbitos de actuación: por unha banda o da accesibilidade universal e por outra o feito de poder gozar da cultura en igualdade de condicións.
-INCLUSIÓN: acceso dos artistas con discapacidade ao circuíto do mercado da Arte, conseguindo así a súa inclusión social e a inserción laboral.
Esta VII Bienal vaise vertebrar en entorno a unha exposición de artes plásticas, arredor da que se van a desenvolver unha serie de actividades paralelas nas que englobamos tanto ciclos de artes escénicas (cine, teatro, danza e música) como obradoiros de formación artística, en calquera das súas disciplinas. Un dos obxectivos principais desta edición é a de crear unha mostra de gran nivel artístico. Esta aposta pola calidade preténdese conseguir pola asistencia dun público máis especializado (galeristas, coleccionistas, representantes de museos e empresarios do sector) e tendo como sé o Centro Palacio de Cibeles, para as artes plásticas, La Casa Encendida para a danza, o Teatro Valle-Inclán para o teatro, danza e música: e a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas para o ciclo de cine.