Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2016

Presentación Obradoiros Rede Museística

Lugo Referente en accedibilidade

Inaugurada a mostra Imaxes de outono da Ribeira Sacra

Hoxe xoves, día 27, ás 19:00 horas, terá lugar no Pazo de Tor a inauguración da exposición  IMAXES DE OUTONO DA RIBEIRA SACRA , de Suso Talento (seudónimo de Jesús Fernández López, natural do Saviñao). No acto de inauguración desta mostra pictórica estiveron presentes Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, e o propio artista.

MUSEO DO MAR LUGO

No Museo Provincial do Mar nutrímonos do patrimonio cultural material e inmaterial de toda A Mariña Lucense e, especialmente, do de San Cibrao. Este acervo reflicte os costumes da nosa comunidade. Identifícanos e ponnos en relación con outras prácticas e expresións. É a raíz da diversidade cultural. O noso arquivo fotográfico é parte dese patrimonio. Grazas a estes bens documentais podemos comprobar como era hai tempo o pobo de San Cibrao, comparalo coa realidade actual, e lograr que o patrimonio vivo non se perda. (Noelia Gómez)

ENCARNA LAGO PARTICIPA EN #Culturayciudadania

Organizado pola Dirección General de Política e Industrias Culturales y del Libro del Ministerio de Cultura, a Rede Museística da Deputación de Lugo, a través da súa xerente Encarna Lago, participa no  II Encuentro, Cultura, Territorio y Ciudadanía  que ten lugar no Colegio de Arquitectos de Madrid (COAM) os días 13 e 14 de outubro, logo de ser seleccionada a súa proposta entre as 30 escollidas para o evento. A Rede Museística, moi satisfeita con esta selección,  presenta dentro da sección proxectos e experiencias, o día 14, ás 17:00 h., na sala 1, “Confluencias y conexiones. Rede Museística Provincial de Lugo”. Nesta segunda edición, o Encontro céntrase na complexa realidade do territorio, abarcando non só a esfera do local, senón tamén os espazos de encontró e relación que transcenden este espazo.

Museos públicos e gratuítos para a democratización cultural e social.

Na Rede Museística Provincial de Lugo estamos de aniversario. Dez anos traballando con vocación de servizo público, comprometidos coa comunidade, favorecendo o coñecemento colectivo, fortalecendo a identidade e os valores propios da nosa contorna. Este décimo aniversario vén acompañado de cifras récord de visitantes nos museos da Rede. Só no mes de agosto, no Museo Provincial do Mar recibimos a 4124 visitantes, o que supón un aumento significativo en relación ao mesmo mes de 2015 no que contabilizamos 3817. Por este motivo queremos agradecer a todos aqueles que nos escollen para compartir momentos de lecer e coñecemento. Nos últimos días foron grupos de León, Ferrolterra, A Coruña, Madrid e as Asociacións de Amas de Casa de A Mariña no seu día de encontro anual. Esperamos seguir traballando por moitos anos con esta orientación, e deste xeito continuar defendendo o papel crucial que teñen os museos públicos e gratuítos para a democratización cultural e social.

Encarna Lago Xerente da Rede Museística participa en #mulleresimparables no Museo de Pontevedra

NA REDE MUSEÍSTICA APOIAMOS E TI? AIQUI TEDES INFO DE FEAFES GALICIA #eunonteñoprexuizos DIA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

 Día Mundial da Saúde Mental 2016, baixo o lema “Eu non teño prexuízos”. Consta de varias accións, das cales a principal é o lanzamento dun vídeo (con dúas versións) no que participan coñecidos actores e xornalistas galegos, que podedes ver  neste enlace . Ademais, contamos cunha web informativa que serve de apoio á campaña:  eunontenoprexuízos.org . Nela, entre outras cousas, hai un cartel descargable  co lema da campaña co que queremos animar a todo o mundo a que se faga fotos e as suba ás redes sociais, etiquetando a FEAFES Galicia ou poñendo o hagstag #eunonteñoprexuízos. Veredes que xa temos as fotos de diferentes persoas ahi colgadas, así que  animámosvos a facervos as vosas fotos e mandárnolas ! Por outra banda, a campaña inclúe a edición dunha guía titulada “Desmontando prexuízos sobre a saúde mental” que estivemos a preparar estes meses. Ademais da versión en PDF, que podedes consultar  aquí . Esta guía está subida tanto á web da campaña como á de FEAFES Galicia. Agrade

REDE MUSEÍSTICA DE LUGO : UN EQUIPO DE PERSOAS ENTREGADAS , UNHOS MUSEOS, UNHA COMUNIDADE , UNHA PROVINCIA

Décimo aniversario da Rede Museística: 10 anos en-re-da-dx s Dez anos en-re-da-dos. A Rede Museística da Deputación de Lugo creouse en setembro de 2006 para optimizar a xestión dos catro museos que a integran: Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol), Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo) e Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos). E celebrámolo así: ( Ver vídeo )                                                     10 anos da creación da Rede Museística Provincial Precedentes No ano 1932, a Deputación de Lugo crea o Museo Provincial de Lugo (inaugurado en 1934) institución que, co paso do tempo, se converte nun dos museos máis importantes de España entre os provinciais. En 1969, a Deputación de Lugo acorda a creación do Museo do Mar de San Cibrao, o máis antigo no seu xénero de Galicia. Posteriormente, no 1984 nace o Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol) nunha fortaleza rehabilitada do século XVI. Por último, no a