Organizados pola Rede Museística Provincial, o vindeiro luns, día 6, ás 20:30 horas, na praza dos Fillos de Antón de Marcos, dará comezo unha nova edición dos CONCERTOS FLORAIS NOS XARDÍNS DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO , actividade que se vai desenvolver durante varios luns dos meses de xullo e agosto. Esta primeira xornada estará a cargo do grupo VOLUTA QUINTETO (integrado dentro da Asociación Lucus Ensemble ) formado por violonchelo, guitarra, clarinete, clarinete baixo e percusión. O repertorio estará composto por temas de bandas sonoras, boleros, tangos e música brasileira, todos eles moi coñocidos, que nos axudarán a pasar unha velada moi agradable na tarde –noite do vindeiro luns. A entrada a este acto é libre e gratuita.