Organizados pola Rede Museística Provincial, o vindeiro luns, día 6, ás 20:30 horas, na praza dos Fillos de Antón de Marcos, dará comezo unha nova edición dos CONCERTOS FLORAIS NOS XARDÍNS DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO, actividade que se vai desenvolver durante varios luns dos meses de xullo e agosto. Esta primeira xornada estará a cargo do grupo VOLUTA QUINTETO (integrado dentro da Asociación Lucus Ensemble) formado por violonchelo, guitarra, clarinete, clarinete baixo e percusión. O repertorio estará composto por temas de bandas sonoras, boleros, tangos e música brasileira, todos eles moi coñocidos, que nos axudarán a pasar unha velada moi agradable na tarde –noite do vindeiro luns.
A entrada a este acto é libre e gratuita.