Free counter and web stats

viernes, 3 de julio de 2015

ESCRITOS NA FLORESTA. ÁRBORES SENLLEIRAS NA CULTURA CHAIREGA

E
Do  2 ao 26 de xullo, pode visitarse na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos ESCRITOS NA FLORESTA. ÁRBORES SENLLEIRAS NA CULTURA CHAIREGA, mostra da que é autor Ricardo Polín e que está organizada polo Instituto de Estudios Chairegos. Esta exposición  está organizada en 3 seccións,  que se  corresponden cos aneis ou partes dunha árbore: a raíz, o tronco e as pólas. Cada unha delas representa un conxunto de árbores clasificadas. O anel “A raíz” correspóndese coas árbores históricas, o anel “O Tronco” correspóndese coas árbores monumentais e o anel “As Pólas” coas árbores literarias.
No pazo de San Marcos exponse a primeira sección composta por 20 paneis (A RAÍZ), acompañados de fichas culturais específicas sobre cada unhas destas árbores sen par.
O deseño e a maquetación dos paneis son obra de Arturo Gómez Mato, e a achega cartográfica, de Antonio Figueroa.