Ir al contenido principal

O Día 23 conferencia no Museo Provincial de Lugo Rebeca Blanco-Rotea (Grupo de Investigación Síncrisis, USC), Jorge Sanjurjo Sánchez (Unidade de Xeocronoloxía - Instituto Universitario de Xeoloxía, Universidade da Coruña - UdC), David Freire Liste (University of Trás-os-Montes e Alto Douro - UTAD)" Santa Eulalia de Bóveda: datacións absolutas dun edificio sen consenso" conferencia ás 19:30

🗣ATENCIÓNℹ️ Roda de prensa día 23 ás 12 NO MPLUGO DESCUBRIREMOS DATOS MOI IMPORTANTES #Investigación #investigadoras #SantaEulalia #equipoinvestigación 👉🏼🗣Título: Santa Eulalia de Bóveda: datacións absolutas dun edificio sen consenso conferencia ás 19:30 ✅Na roda de prensa estará👉🏼Rebeca Blanco- Rotea (Grupo de Investigación Sincrisis, USC ) que estará acompañada da vicepresidenta da Deputación da xerente da Rede Museística e da Directora do Museo Provincial de Lugo que presentará aos conferenciantes👇🏿 ✅Na conferencia participan como conferenciantes: Rebeca Blanco-Rotea (Grupo de Investigación Síncrisis, USC), Jorge Sanjurjo Sánchez (Unidade de Xeocronoloxía - Instituto Universitario de Xeoloxía, Universidade da Coruña - UdC), David Freire Liste (University of Trás-os-Montes e Alto Douro - UTAD) Data: 23 de setembro Hora da conferencia: 19.30-21.00 Aforo limitado 🗣Roda de prensa ás 12:00 no Museo Provincial de Lugo e posterior conferencia ás 19,30 Froito dunha seria investigación dun equipazo‼️ Título: Santa Eulalia de Bóveda: datacións absolutas dun edificio sen consenso CONFERENCIANTES: ✅Rebeca Blanco-Rotea é investigadora posdoutoral da Universidade de Santiago de Compostela onde desenvolve actualmente o seu proxecto “Arquitecturas da paisaxe e do cambio” financiado por unha Axuda de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia – Modalidade B 2019. Investigadora colaboradora do Incipit-CSIC, Postdoc Member do Lab2PT (Landscapes, Heritage and Territory Laboratory) da Universidade do Minho (Portugal) e coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega. A súa traxectoria profesional desenvolveuse entre a USC, o CSIC e a Universidade do Minho, centrándose, dun lado, no estudo das arquitecturas e paisaxes altomedievais e, doutro, das paisaxes fortificadas da Idade Moderna. Xunto a Jorge Sajurjo-Sánchez e, posteriormente, a José Carlos Sánchez-Pardo da USC desenvolveron varios proxectos que tiveron por obxectivo a datación absoluta de diferentes arquitecturas, fundamentalmente eclesiásticas, en Galicia. As orixes destes traballos estiveron no proxecto arqueolóxico desenvolvido en Santalla de Bóveda no 2007 no contexto da restauración da bóveda alta da man de César Portela, liderado por esta investigadora e Rosa Benavides García. ✅Jorge Sanjurjo Sánchez é Profesor Titular da Área de Xeodinámica Externa do Departamento de Física e Ciencia da Terra e investigador do Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal" da Universidade da Coruña. É responsable do Laboratorio de Datación por Luminiscencia da UDC. Este laboratorio é un dos poucos no mundo que ten desenvolvido nos últimos 10 anos a aplicación da técnica de luminiscencia para datar morteiros antigos. Só outros tres laboratorios no mundo (Burdeos, Milán e Catania) desenvolveron procedimentos semellantes e aplican actualmente esta técnica. Participou en numerosos proxectos para a datación de morteiros en mundo, mais cunha importante actividade no caso de Galicia. Actualmente é o IP do proxecto “Cronología de las iglesias altomedievales de Santalla de Bóveda y San Breixo de Ouvigo” da Fundación Palarq. ✅David Martín Freire-Lista é investigador postdoutoral do Centro de Geociencias da Universidade de Coimbra (Portugal). Membro directivo da subcomisión Heritage Stone pertencente á Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) e a Asociación Internacional de Enxeñaría de Xeoloxía e Medio Ambiente (IAEG). O seu traballo céntrase na caracterización petrográfica e petrofísica aplicada á conservación e restauración de xeomateriais utilizados no patrimonio, así como a localización de canteiras históricas e posta en valor do patrimonio construído. A súa traxectoria profesional desenvolveuse entre a Universidade Complutense de Madrid e o grupo de Petroloxía Aplicada á Conservación do Patrimonio do Instituto de Geociencias do CSIC (2008-2018), entre outras institucións internacionais como o College of London University de Qatar, University of Texas at Austin ou a Universitá della Calabria, en Italia. _____________________________________________________________ Na roda de prensa estaraRebeca Blanco-Rotea Arqueóloga, Investigadora Posdoutoral da Xunta de Galicia Grupo de Investigación Síncrisis, USC Laboratorio 4, CIBUS Coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais Consello da Cultura Galega Acompañada da vicepresidenta e da xerente e Directora do Museo Provincial de Lugo encargada de presentar aos conferenciantes. https://usc-es.academia.edu/RebecaBlancoRotea http://www.linkedin.com/pub/rebeca-blanco-rotea/42/896/525 http://www.gruposincrisis.com #Investigación #SantaEulalia

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati