https://www.slideshare.net/redemuseistica/jornadas-europeas-del-patrimonio
Xornadas Europeas de Patrimonio 2021
Con motivo das Jornadas Europeas de Patrimonio (JEP), consistentes nun programa de sensibilización sobre o patrimonio cultural cuxa orixe remontase ao ano 1984 coa celebración en Francia de Les Journées Portes ouvertes des monuments historiques. A súa internacionalización, no marco do Consello de Europa, ten lugar un año despois, celebrándose desde 1991 con este nome en acción conxunta coa Unión Europea.
En España, estas Xornadas están coordinadas polo Instituto del Patrimonio Cultural de España que, na edición de este año 2021 están dedicadas ao ‘Patrimonio Inclusivo’ (Heritage for All).
Desde a Rede Museística Provincial de Lugo queremos manifestar a nosa satisfacción polo lema escollido este ano para a celebración das Xornadas Europeas do Patrimonio: “Patrimonio Inclusivo”. Preténdese con este lema reconsiderar e repensar a forma en que achegamos o patrimonio á cidadanía.
No ADN da RMPL está desde a súa creación no ano 2006 conseguir museos accesibles e inclusivos nos que ninguén quede fóra do acceso ao patrimonio por causas económicas, sociais, de xénero, culturais, …
E por iso que xa desde o ano 2007 contamos na Rede cun programa institucional inclusivo: https://es.slideshare.net/redemuseistica/programa-institucional-inclusivo-de-la-red-musestica-de-lugo. Logo de procurar facer que os nosos museos sexan accesibles tanto física como sensorial e cognoscitivamente e que as persoas que conforman a nosa plantilla estivesen formadas para a atención de todo tipo de públicos, buscamos que a nosa programación sexa inclusiva, permitindo a participación de toda a comunidade, feito que nós ten sido recoñecido con diversos premios entre os que sinalamos: premio Galicia Inclusión Anade en el 2017, premio Mellor Iniciativa Institucional en 2020 COGAMI e premio ONCE Solidaridade en 2011. Estes recoñecementos nos serven de acicate para seguir poñendo ás persoas no centro, para continuar coa labor de que ninguén quede fóra do acceso ao noso patrimonio, contribuíndo así á súa participación e inclusión na sociedade.
Con motivo desta efeméride, a Rede Museística da Deputación de Lugo fixo público un manifesto de Proxectos Inclusivos realizados por esta Rede (do que se acompaña copia) ao longo da súa existencia, o que nos permite estar á vangarda dos museos neste tema. Por esta razón, Encarna Lago, xerente da Rede Museística, foi convidada a participar no curso de formación sobre LA INCLUSIÓN EN LOS MUSEOS E SITIOS PATRIMONIALES, organizado pola Diputación Foral de Bizkaia que terá lugar os días 25 e 26 do vindeiro mes de outubro.
https://www.slideshare.net/redemuseistica/encarna-lago-participa-como-ponente-en-curso-formacin-organizado-por-la-diputacin-foral-de-bizcaiala-inclusin-en-los-museos-y-sitios-patrimoniales
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe
Comentarios
Publicar un comentario