“SAUDARTE EN REDE”
Os museos somos sanadores, porque non hai mellor terapia que o cariño e diso temos a fartar. En tempos nos que se pechan portas, queremos facer a nosa casa máis grande para que collamos todxs e achegarnos a quen máis o precise. Non é o que facemos, é o que somos: somos comunidade e coidámonos.
“Saudarte en Rede” é un programa artellado desde o corazón mesmo da Rede Museística Provincial en colaboración coa Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
É a nosa aperta para os nenos e nenas hospitalizados nas plantas de Pediatría dos hospitais lucenses, para as súas familias e para xs profesionais sanitarios que xs atenden.
O obxectivo deste proxecto é humanizar a estancia hospitalaria dos pacientes pediátricos a través da experiencia cultural nos museos da Rede Museística Provincial. Trátase de coñecer xogando, ó mesmo tempo que se restablecen.
A través do Whatsapp ofreceremos unha programación de actividades, que poñen a atención nas necesidades e na atención individualizada de cada nenx e das súas familias. Están deseñadas nun formato sinxelo, lixeiro e flexible, para desenvolver en pouco tempo e espazadas ó longo da semana para facilitar o seu descanso. Sempre haberá alguén do outro lado do whatsapp para apoiar e resolver calquera cousa que poideran precisar.
QUEREDES FORMAR PARTE DA NOSA REDE? QUEREDES XOGAR CON NOSOUTRXS?
QUE TEDES QUE FACER PARA UNIRVOS A “SAUDARTE EN REDE”?
Moi sinxelo! Soamente tedes que anotarvos chamando ó 699836883 ou enviádenos un correo a comunidadermpl@gmail.com indicando no asunto “SAUDARTE EN REDE”.
“CATRO EN REDE”
“Catro en Rede” é un xogo pensado para que os nenos poidan saír do seu “confinamento” hospitalario e viaxar polos catro museos da Rede Museística Provincial, a través de xogos e probas cargados de diversión.
CONTIDO:
Un trasno rabudo entrou na Rede e está intentando que nos esquezamos uns museos de outros para rachar a forza que nos une. Pero non o conseguirá, porque sabemos cal é o antídoto para salvar a nosa amistade. Vosoutrxs seredes o noso poder segredo! Coa vosa imaxinación e creatividade axudarédesnos a darlles vida ás historias e fantásticos tesouros que gardamos nos catro museos da Rede.
DESENVOLVEMENTO:
A través do Whatsapp, 2 días á semana propoñerémosvos unha serie de xogos e actividades que terán que ver cos contidos, coleccións e profesionais dos catro museos da Rede, ata completar o percorrido por todos eles (1 percorrido completo por toda a Rede levaríanos 2 semanas).
Serán probas sinxelas que nos permitirán viaxar dun museo a outro para reforzar os lazos da Rede e mellorar a ledicia de visitar e coñecer os nosos/vosos museos. Por cada reto superado, mandaremos emoticonos cada vez máis felices ata completar a escala de satisfacción absoluta.
SCAPE ROOM POLA REDE
Podedes aprender xogando e paseando polos nosos museos a través das visitas inmersivas. Nelas están deseñadas sete scape room, nas que diferentes personaxes nos conducen por unha serie de probas e aventuras para completar o percorrido temático elexido. Tedes para escoller!
1. "Lugo romano"
2. "Como nos vestimos ao longo da historia"
3. "Vexo, vexo... e descubro o meu entorno"
4. "ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible)"
5. "Igualdade"
6. "Crea o teu museo"
7. "A Idade Media na Rede Museística Provincial de Lugo"
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe
Comentarios
Publicar un comentario