CHEO TOTAL NO Concerto do grupo Evoéh: Árbore da vida. Alalás e cantos tradicionais galegos ao redor de Rosalía de Castro
Concerto do grupo Evoéh: Árbore da vida. Alalás e cantos tradicionais galegos ao redor de Rosalía de Castro
Dentro do programa EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, da Rede Museística da Deputación de Lugo, hoxe sábado, día 3 de marzo, ás 12:30 horas, tivo lugar na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo o recital que correrá a cargo do grupo Evoéh.
Evoéh
Evoéh está integrado, entre outros, por Lucía Salgado Sabariz, Licenciada en oboe; Ariana Barrabés Romeo, Licenciada en canto e especialista en música sefardí de tradición oral e Jesús Olivares Heredia, Licenciado en guitarra clásica.
Evoéh é un proxecto de investigación, recompilación, creación e innovación da música e da poesía da nosa contorna. No ano 2012 publicaron Cadencias, un disco cheo de cantos populares e da poesía de Miguel Hernández. Tres anos despois, no 2015 publican El poeta del viento, unha homenaxe musical ao gran poeta León Felipe. En 2016 Cantadme galanica, un traballo sobre a música sefardí de tradición oral, centrado na figura da muller, como principal transmisora.
Evoéh creouse en Barcelona. Con todo, varios dos seus membros e colaboradores son de Galiza ou teñen unha forte unión con ela. Por esa proximidade, afondan agora en Cantares Gallegos música popular recollida e catalogada a principio do século pasado. A mesma conexión que fixo Rosalía de Castro que fora convidada os xogos florais de Barcelona ou que o musicólogo e compositor catalán Felipe Pedrell traballara tanto sobre a tradición popular galega. E fíxoo, non como un científico, senón coa paixón e creatividade dun músico namorado da tradición. A xenial visión que tiña da música popular floreceu nos seus alumnos máis notables, como Enrique Selectos, Manuel de Falla ou Isaac Albéniz.Árbore da vida. Alalás e cantos tradicionais galegos ao redor de Rosalía de Castro
Árbore da vida é un proxecto de investigación, recompilación, reelaboración e creación de música e poesía baseado na obra musical emprendida por Felipe Pedrell e en Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Os poemas deste libro están creados a partir de alalás e cantos tradicionais galegos que ela coñecía. Nesa mesma época, Ramón de Arana recompilou moitas desas cancións e comunicoullas ao seu amigo Felipe Pedrell, incluíndoas no seu cancioneiro.
Árbore da vida é a mestura de todo iso. Titúlase así porque afonda nas súas raíces na tradición da vida cotiá, florece no presente e dá os seus froitos ao reimpulsar e reelaborar esa arte. Inclúe tamén versos de Curros Enríquez e Antón Noriega Varela.
Repertorio Árbore da vida é a mestura de todo iso. Titúlase así porque afonda nas súas raíces na tradición da vida cotiá, florece no presente e dá os seus froitos ao reimpulsar e reelaborar esa arte. Inclúe tamén versos de Curros Enríquez e Antón Noriega Varela.
Alborada
Ora, meu meniño, ora
Negra sombra
As pedriñas choran
Campanas de Bastabales
Dille que sospiro
Unha noite no muíño
Meu amor, meu amoriño
Airiños, airiños aires
Falai miña amor
As froliñas dos toxos
Unha noite na eira do trigo
A entrada a este acto é libre ata completar o aforo.
Actividade encadrada no proxecto ’EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE’ e na celebración do Día de Rosalía 2018.