MONICA ALONSO : PERCEPCIÓN CROMÁTICA EN MULLERES DE DIFERENTES CULTURAS, APLIACION A GRUPOS CULTURAIS E SOCIAIS DE LUGO. COMISARIADO ENCARNA LAGO E ANTONIO REIGOSA
Mónica Alonso: Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo
Esta instalación forma parte EU... TI... ELAS... NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, 12 proxectos que van permanecer expostos nos catro museos da Rede Museística e na sala de exposicións do Pazo de San Marcos desde o 1 de febreiro ata o 1 de abril de 2018.
Mónica Alonso: Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo
Medir o dificilmente medible. Obter datos estatísticos de variables emocionais. Aplicar a mulleres un cuestionario que relaciona psicoloxía e cor. Procesar os resultados obtidos co programa estatístico SPSS(V21.0) para obter gráficos de medidas.
Ubicación: Museo Provincial de Lugo (Sala Multiusos)
____Horario de visitas MPLugo
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta
O meu interese artístico está en dar forma física, real, ás emocións. Ata o de agora as decisións de cor tomábaas eu segundo a miña preferencia, pero sempre me daba curiosidade saber que cores elixirían as outras persoas. De aí sae este proxecto, de preguntar directamente a persoas sobre as cores de: Felicidade, infelicidade, amor, tristeza, saúde, enfermidade, relax, estrés, diñeiro, pracer, dor, infinito, agora, familia, vida, morte…
Para obter esta información deseñei un cuestionario que fun aplicando a mulleres de diferentes culturas. Os resultados foron procesados por un programa estatístico SPSS (V.21.0) que mide en gráficos as emocións, e que se presentan neste proxecto.
Con este traballo fago real o meu desexo de medir o dificilmente medible. Obter datos estatísticos de variables emocionais.