EXPOSICIÓN: De Ana Mª Gómez a Maruja Mallo, no Museo Pazo de Tor
A Real Academia Galega de Belas Artes dedicou á artista Maruja Mallo (Viveiro, 1902 – Madrid, 1995) o Día da Arte 2017. A Deputación de Lugo sumándose ao recoñecemento e co obxectivo de dar a coñecer as 7 obras de Maruja Mallo que custodia o MPLugo promoveu esta mostra que permaneceu en Viveiro, nos Xardíns de Noriega Varel, desde o 19 de decembro de 2017 ata o 4 de febreiro de 2018 e que agora se pode visitar nos xardíns do Museo Pazo de Tor.
EXPOSICIÓN: De Ana Mª Gómez a Maruja Mallo
A exposición componse de catro estruturas en forma de cubo sobre as que se reproducen fotografías das obras (4 óleos sobre lenzo sen título, “Arquitectura mineral” (1930), “Guía postal de Lugo” (1929) e “Agol»” (1969).