Ir al contenido principal

INAUGURADAS EN TOR TRES EXPOSICIÓNS DENTRO DO PROXECTO EU .. TI ... ELAS ... NOSOUTRAS .. NOSOUTRXS EN REDE NO MUSEO PAZO DE TOR


EU estou TI estás ELAS están NOSOUTRAS estamos NÓS+OUTRXS estamxs EN REDE para conquistar, na diversidade, a plena igualdade. Estamxs, somxs, facemxs, existimxs... As formas verbais non expresan xéneros.
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo reclaman a vosa atención para con esta ducia de proxectos, dispares na forma, unívocos no fondo, solidarios coa desigualdade. Voces, xestos, memorias e imaxes que pretender provocar reflexións e chamadas de atención sobre o EU subordinado. Ollo! Un EU que podes ser TI, ELAS, NOSOUTRAS, NÓS+OUTRXS.

Inauguración de EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE no Museo Pazo de Tor

O xoves, 8 de febreiro, ás 19:30 horas, tivo lugar no Pazo Museo de Tor a inauguración de EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS, NOSOUTRXS EN REDE, exposición que está formada por 12 proxectos, expostos na Sala da Deputación e nos 4 museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. Neste acto participaron Pilar García Porto, deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico, Artesanía e Deseño e Educación, José Tomé Roca, alcalde do Concello de Monforte de Lemos e Encarna Lago, xerente da Rede e comisaria da exposición xunto con Antonio Reigosa.
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo reclaman atención para con esta ducia de proxectos, dispares na forma, unívocos no fondo, solidarios coa desigualdade. Voces, xestos, memorias e imaxes que pretender provocar reflexións e chamadas de atención sobre o EU subordinado. Ollo! Un EU que podes ser TI, ELAS, NOSOUTRAS, NÓS+OUTRXS.
No Museo Pazo de Tor este museo poden verse os seguintes proxectos:
WILPFLiga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade
WILPH: Cen anos de feminismo pacifista
Mostra gráfica composta por 46 carteis (90 X 60 cm.) que percorren os principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizaron en todo o mundo ao longo dos seus cen anos de historia. (+ info)
ARTE EN RESERVA (MULLERES NO ALMACÉN)
Obra de mulleres artistas, “en reserva” no almacén do MPLugo, mostra que se irá renovando ao longo deste ano con diferentes artistas.

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati