UNHA NOVA XORNADA DE OBRADOIROS IMPARTIDOS POR ENCARNA LAGO ACOMPAÑADA DE VANESA VÁZQUEZ, ANA RODRIGUEZ, MANUELA TRIGO , RAQUEL GUERRERO, LUCIA DEQUIDT E JOSE MANUEL MENDOZA
Hoxe unha actividade encadrada en varios proxectos da Rede Museística: 1.- #PazÉnomedeMuller proxecto en prácticas titorizadas por Encarna Lago sobre
sociomuseoloxía TFM Master en Servicios Culturais da USC Facultade de Humanidades de Lugo de Vanesa Vázquez
,2.- Exposición obras realizados por Clube Senior Ana Rodríguez,
3.- Palabreiras #Ennegrocontraaviolencia "Palabras que firen , Palabras que sanan mulleres Fundación Secretariado Xitano.
PROTAGONISTAS SELECCIONADAS PARA FASE 1 EXPOSICIÓN PICTÓRICA
“PAZ É NOME DE MULLER”
Guerrilla de Palabras
Oficio de Palabrerxs
- CONCEPCIÓN ARENAL (1820 -
1893) escritora e periodista española.
Creadora do
movemento feminista en España. Organizou en España a Cruz Roja de Socorro, foi a
primeira visitadora de cárceres, vestida de home acudiu a clases de dereito cando a Universidade estaba vetada
ás mulleres, creou un periódico e escribiu diferentes xéneros literarios.
Frases célebres:
- BERTHA VON
SUTTNER (1843 - 1914) escritora austríaca.
Aristócrata de
familia arruinada fala da guerra dende o
punto de vista da muller e defende a paz no mundo.
A súa amizade con Alfred Nobel, fixo que o químico sueco
sensibilizárase cos movementos pacifistas e creara o reputado premio Nobel da
Paz. En 1905 logrou o Premio Nobel de la Paz pola súa implicación no movemento
pacifista internacional.
Frases célebres:
ü
«Despois
do verbo 'amar', 'axudar' é o verbo máis fermoso do mundo».
ü
«
¡Abaixo as armas! ».
- OLIEVE SCHREINER. Pseudónimo: RALPH IRON (1855 –
1920) escritora y política
sudafricana.
Defensora dos
Dereitos Humanos. Formou parte de diferentes círculos sociais como foron o
literario e o político. O que lle permitiu plasmar as súas ideas sobre o
matrimonio, o sexo, o control da natalidade, a emancipación da muller e a
relixión.
Frases célebres:
ü
«Ser
muller é unha delicia, pero todos os homes dan gracias devotamente ó Señor por
no ser unha delas».
ü
«Nosos
pais tiñan soños, nos os nosos e a xeración que sigue terá os propios. Sen
soños e fantasmas o home no pode existir».
- EMILY GREENE BALCH (1867 - 1961) Reformista social,
escritora, sindicalista e académica
estadounidense, que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1946.
A
súa loita pola liberdade e a xustiza a levou ó pacifismo. Axudou a fundar a
Liga Internacional de Mulleres para a Paz e la Liberdade. Fixo campaña contra os
conflictos armados, o que a levou a perder o seu posto de traballo como
profesora universitaria.
Frases célebres:
ü
«Non
so experimentamos acontecementos, en parte os causamos ou polo menos influímos
no seu curso. Polo tanto non podemos solo estudialos, debemos actuar».
ü
«Nunca
máis as mulleres poden permitirse crer que no son responsables porque non teñen
poder. A opinión pública é poder, o sentimento forte e razoable é poder; a
determinación irmá xemela de ter fe ou visión, é poder».
- FRIDA KAHLO (1907-1954) pintora mexicana.
Icono do
activismo político en México na súa loita contra a desigualdade, a inxustiza e
a violencia de xénero. Un grave
accidente de tráfico deixouna prostrada na cama durante unha longa
convalecencia.
Na súa obra
expresou a súa identidade feminina dende o seu propio punto de vista, renegando
da visión que se tiña da muller. Viviu a súa sexualidade con liberdade.
Frases
célebres:
ü
«Pes
para que vos quero, si teño ás para voar».
ü
«Acostumaba
a crer que era a persoa máis estraña do mundo pero logo pensei que entre tanta xente no mundo debe de haber alguén que se sinta como eu,
estrafalaria e defectuosa. Imaxínome que ela está aí fora pensando tamén
en min. Ben, espero que si lees isto
saibas que si, que é verdade, estou aquí e son tan estraña coma ti».
ü
«A
beleza e a fealdade son un espellismo porque os demais terminan vendo noso interior».
- ROSA PARKS (1913-2005) costureira, secretaria,
escritora e activista militante contra a segregación e o racismo.
Estadounidense.
Unha das
figuras más importantes do Movemento polos
Dereitos Civís. En 1955 alcanza a fama
en Alabama, o desobedecer a lei da época que obrigaba ás persoas negras a ceder
o seu asento ós brancos e a moverse a parte de atrás do autobús.
O caso Parks chegou a Corte Suprema e declarouse que a
segregación era unha norma contraria a constitución e o goberno aboliu as leis discriminatorias
de Jim Crow.
Frases
célebres:
- ELLEN JOHNSON SIRLEAF (1938) política liberiana.
Exiliada e
presa de conciencia en varias ocasións foi
a primeira muller en ser elixida
presidenta en África (ano 2005) e
segunda muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz (premio compartido con
outras dúas mulleres).
Xunto a outras
mulleres levou a cabo un movemento non
violento que logrou deter a guerra no seu país.
Frases
célebres:
ü
«Se
os teus soños non te asustan, no son o bastante grandes».
ü
«Un
incremento no número de mulleres que ostenten cargos de alto rango e toma de
decisións sería un mundo con menos guerras e conflitos armados».
- CARLA DEL PONTE (1945) xurista suíza, ex fiscal Xefe
do Tribunal do Dereito Penal Internacional das Nacións Unidas, escritora e embaixadora de Suíza en Arxentina.
Baixo o obxectivo
de perseguir delitos Carla convenceu a seus padres para que lle permitisen
estudar na Universidade.
Coa lei na man loitou para que se penase o branqueo de diñeiro, o fraude, o contrabando,
o terrorismo, o espionaxe, os crimes de guerra, o xenocidio, e o tráfico de
órganos, drogas e armas.
Aprisionou os responsables do xenocidio étnico (Slobodan
Milosevic, Radovan Karadzic y Ratko
Mladic) levado a cabo durante las
guerras na ex Iugoslavia, Saraxevo, Kosovo e Srebrenica.
Frases
célebres:
ü
«Teño
unha gran fe na xustiza internacional, a impunidade xa non será unha opción
para os poderosos».
ü
« Aínda
hoxe, son unha perseguidora de serpentes
máis que unha estudosa do dereito».
- VANDANA SHIVA (1952) filósofa, física e escritora
india.
Pioneira do
movemento ecofeminismo e directora de la Fundación para a Investigación,
Ciencia, Tecnoloxía e Ecoloxía en Nova Delhi. Galardoada en 1993 co Premio
Nobel Alternativo.
Ela converxe
ecoloxía e feminismo como ferramenta para garantir a supervivencia r a igualdade
entre homes e mulleres.
Creou o movemento
chipko, mostrou as debilidades da Revolución Verde, e púxose a cabeza da primeira gran manifestación en contra da Globalización.
Frases
célebres:
ü
«A
acción e a reflexión deben ir unidas».
ü
«A diversidade non é o problema, é a solución
para as crisis políticas da intolerancia, as crisis ecolóxicas da non
sostenibilidade e as económicas da exclusión e da inxustiza».
- RIGOBERTA MENCHÚ TUM (1959) política guatemalteca.
Denunciou a
presión e a violación dos dereitos humanos da poboación maia do seu país, por
parte do goberno militar.
Participou na redacción
da Declaración dos Dereitos dos Pobos Indíxenas promovidos por Nacións Unidas.
Fundadora da Iniciativa Indíxena pola Paz entidade que busca a protección dos
dereitos dos Indíxenas en todas as partes del mundo.
Outorgóuselle
o Premio Nobel da Paz en 1992.
Frases célebres:
- MULLERES DE NEGRO (1987) de Israel e Palestina. Movemento Internacional de mulleres
pacifistas.
Un grupo de mulleres, liderado pola
feminista, pacifista e activista lesbiana Hagar Rublev (1954-2000)
protestan contra a ocupación e en contra da violación dos dereitos
humanos.
O movemento
comeza coa reunión de mulleres vestidas
de loito todos os venres no centro de Xerusalén e alzan a súa voz contra
a guerra en Palestina.
Dende 1987 as
redes formadas por estas mulleres feministas e pacifistas fóronse estendendo
ata ter presenza nos cinco continentes. En contra da guerra, con
reivindicacións propias que desenvolven iniciativas
non violentas e apoian a resistencia civil contra a guerra.
Frases célebres:
ü «Por mulleres sen medo».
ü «No estamos soas».
ü «Aquí estamos, nosoutras no matamos».
- MALALA YOUSAFZAI. Pseudónimo GUL MAKAI (1997) estudante e blogueira pakistaní.
Fíxose popular
grazas a un blog que escribía baixo pseudónimo para a BBC no que
narraba a súa vida baixo o réxime Talibán. Esta organización terrorista prohibiu
a educación das nenas entre 2003 e 2009, o que a levou a participar no documental «Perda de Clases, A morte
da educación da muller».
Fixo fronte ós talibáns para promover o dereito a
educación, o que lle provocou represalias. No 2012 un talibán disparoulle cando
regresaba a casa do colexio, sobreviviu e continuou dende Reino Unido (por
cuestións de seguridade) loitando polos dereitos
civís.
No 2014 foi galardoada co Premio Nobel
da Paz xunto con hindú Kailash
Satyarthi, activista polos
dereitos dos nenos.
Frases
célebres:
ü
«Para facerme poderosa so necesito unha cousa:
educación».
ü
«Un
neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o mundo».