Día Internacional da Infancia e, o sábado 25, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller Na Rede Museística Provincial de Lugo
Ante determinadas datas non podemos permanecer impasibles. O próximo luns, 20 de novembro, é o Día Internacional da Infancia e, o sábado 25, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Na Rede Museística Provincial de Lugo iniciamos unha semana de accións en relación con estes dous eventos. Facémolo cxs máis novxs xa que, con elxs, dándolles voz, educándoxs na igualdade e no repecto, lograremos acabar co pesadelo que supón calquera tipo de violencia, tamén co maltrato infantil.
O luns invitamos a todxs xs nenxs a visitar o Museo Provincial de Lugo nunha data tan destacada. Nos outros tres museos da Rede (Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Pazo de Tor), continuaremos coa programación a partires do martes posto que o luns pechamos por descanso.
Para que os soños se fagan realidade e afastar os pesadelos da violencia que impiden vivir en liberdade, creamos atrapasoños, amuletos de protección que serven para conseguir o que soñamos.
#DíaDaInfancia# ContraAsViolencias #GaliciaEnNegro #RedeMuseísticaProvincial