Ola ! vos invitamos a participar nesta nova aventura da Rede Museística
Seguimos contándovos a nosa idea de traballo colaborativo ou como din por aí, "crowdsourcing":
Historias controvertidas, pluralidade ideolóxica.
As coleccións dun museo, as pezas que se mostran e como se mostran ofrecen un discurso determinado que guioniza e condiciona a nosa interpretación como receptores desa información. O Pazo de Tor é un museo que acolle entre os seus muros a suma de moitas vidas, de persoas con pensamentos e ideoloxías distintas, de condición social diferente, …
Nun mesmo espazo conviven o luxo e a decadencia, tradición e modernidade, dereitas e esquerdas, dictadura e república, señores e criados… Mundos diverxentes que forman parte dunha mesma realidade. As pezas están aí, á disposición dos nosos visitantes, para que poidades construír o voso propio discurso, para que participedes del e nos axudedes a completar a nosa historia desde unha perspectiva plural e diversa. Necesitamos coñecer as vosas historias, a experiencia persoal que tedes en relación ó noso museo ou o coñecemento que poidades ter respecto dalgunha das pezas que forman parte del.
Desde o facebook e o blog do Pazo de Tor iremos colgando fotografías de pezas que puideran resultar “controvertidas”. Todos aqueles que queirades participar poderedes enviar as vosas aportacións ó correo pazodetor@museolugo.org ou enviar arquivos (texto, audio, vídeo, foto) a través de WeeTransfer, para axudar a completar o discurso sobre o obxecto escollido. É, ante todo, un traballo en comunidade destinado a obter a máxima información sobre as pezas escollidas.
Porque aínda quedan moitas historias por contar. QUE SABES TI?
Hoxe que é venres de peza, comezaremos por presentarvos tres pezas que representan á perfección a confrontación ideolóxica:
- Un CARTAZ DA FRONTE POPULAR para as eleccións do 16 de febreiro de 1936.
- Un uniforme de Artillería da II República.
- Un uniforme de Artillería do Réxime
- Un CARTAZ DA FRONTE POPULAR para as eleccións do 16 de febreiro de 1936.
- Un uniforme de Artillería da II República.
- Un uniforme de Artillería do Réxime
De contado iremos colgando as fotos de todas estas pezas.
Que nos podedes contar desta peza ou deste momento da historia?, como vos afectou?, como o viviu a vosa familia?, etc.