DIA 20 ENCARNA LAGO PARTICIPA EN CULTURALAB COMO PONENTE E PARA LOGO PASAR A NOITE DOS MUSEOS NA REDEMUSEISTICA EN SAN PAIO DE NARLA
· Dentro do XIII Curso de Primavera CULTURALB, Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, pronunciou unha conferencia titulada Museos sociais / Museos sociocráticos: conversas sobre a Rede Museística, acto que tivo lugar na Casa do Saber de Lugo ás 16:00 horas.
De 20:00 do día 20, ás 10:00 horas do día 21 pasamos a Noite no museo logo dunha cea familiar cos integrantes do Club Pequeamigxs, na que estiveron 36 nenos/as coas súas familias , tivemos unha actuación musical e unha dramatización e recreación de contos a cargo dos integrantes deste club. Despois de pasar a noite nesta fortaleza, tomamos o almorzó na lareira.