Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2017

Luis Davila no Museo de San Paio

NOS+OUTRXS EN REDE AGORA CON ARELAS ORGANIZANDO ORGULLO LGTBI

DIA 20 ENCARNA LAGO PARTICIPA EN CULTURALAB COMO PONENTE E PARA LOGO PASAR A NOITE DOS MUSEOS NA REDEMUSEISTICA EN SAN PAIO DE NARLA

·        Dentro do XIII Curso de Primavera CULTURALB, Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, pronunciou unha conferencia titulada  Museos sociais / Museos sociocráticos: conversas sobre a Rede Museística , acto que tivo lugar na Casa do Saber de Lugo ás 16:00 horas.      De 20:00 do día 20, ás 10:00 horas do día 21 pasamos a  Noite no museo   logo dunha cea familiar cos integrantes do Club Pequeamigxs, na que estiveron 36 nenos/as coas súas familias , tivemos unha actuación musical e unha dramatización e recreación de contos a cargo dos integrantes deste club. Despois de pasar a noite nesta fortaleza, tomamos o almorzó na lareira. 

SÁBADO CON HUMOR DO PAIS E OBICHERO EN SAN PAIO DE NARLA

Dentro dos actos organizados pola Rede Museística da Deputación de Lugo c on motivo da Semana dos Museos  fixemos a   exposición  Humor do país , de Luis Davila, mostra que se pode visitar nos catro museos que integran a Rede ata o 30 de xullo. O sábado,  día 27 de maio,  de 12:00 a 13:00: h.,  no Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol)  tivemos a presentación obradoiro  da súa traxectoria.

ÁLBUM DA MEMORIA COMPARTIDA, ALZHEIMER/MUSEOS

Museo Pazo de Tor, ás 16:15, vai ter lugar o obradoiro  ÁLBUM DA MEMORIA COMPARTIDA ,  impartido por Encarna Lago TarLópez  López.  

QUE SABES TI DE MIN ? DIM2017

 Ola ! vos invitamos a participar nesta nova aventura da Rede Museística Seguimos contándovos a nosa idea de traballo colaborativo ou como din por aí, "crowdsourcing": Historias controvertidas, pluralidade ideolóxica. As coleccións dun museo, as pezas que se mostran e como se mostran ofrecen un discurso determinado que guioniza e condiciona a nosa interpretación como receptores desa información. O Pazo de Tor é un museo que acolle entre os seus muros a suma de moitas vidas, de persoas con pensamentos e ideoloxías d istintas, de condición social diferente, … Nun mesmo espazo conviven o luxo e a decadencia, tradición e modernidade, dereitas e esquerdas, dictadura e república, señores e criados… Mundos diverxentes que forman parte dunha mesma realidade. As pezas están aí, á disposición dos nosos visitantes, para que poidades construír o voso propio discurso, para que participedes del e nos axudedes a completar a nosa historia desde unha perspectiva plural e diversa. N

NÓS+OUTRXS en Rede no CONCELLO DE CHANTADA

Mañá martes, día 16, ás 17:30, terá lugar no Auditorio de Chantada a inauguración da mostra  NÓS+OUTRXS en Rede ,   p roxecto comisariado por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e no que participan : Elvira Fente, Violeta Bernardo, Carmen Porteiro, Julio Leira, Kristopher (Kris) Dios Barreiro, Crystilandia, Laura Varela, Lucía Vila e Cristina Basanta. Este acto, contará coa presenza de Mª del Pilar García Porto, deputada de Cultura,  Patrimonio Histórico Artístico Deseño, Artesanía e Educación.