O COTIÁN COMO ALGO IRREPETIBLE
WWW.PASAXEIRAS.COM
Para min comisariar este proxecto foi un agasaio dxs seis artistas que entenden o comisariado como curadoría, mimo e cuidado posibilitador . Dende a Rede Museística, tratamos de facilitar a realización de proxectos colectivos. #PASAXEIRAS é un proxecto colectivo que ten a súa orixe nunha serie de retratos tomados por Aymará Ghiglione no tren. Co seu teléfono móbil, Aymará retratou durante meses os viaxeiros e viaxeiras que a acompañaban no seu percorrido diario de ida e volta en tren de Coruña a Santiago de Compostela. Estas fotos eran diariamente subidas á rede social instagram co hasthta #passangers tras o cal existe unha comnidade internacional de fotógrafos e fotógrafas instagramers enmarcados dentra da corrente "Street photography" que retratan a vida nosmedios de transporte público. Mais adiante e coa axuda de Marta Paz, Aymara convirte #pasangers en #pasaxeiras dando orixe a unha exposición colectiva na que participan un total de seis artistas provenientes de disciplinas tan variadas como a pintura, o audiovisual, a literatura e a creación sonora. Dun xeito cooperativo imos outorgarlles a cada unha destas imaxes o tempo que o presente continuo das redes non lles permite, desenvolvendo todo o seu significado e dimensións e explorando as posibilidades artísticas e narrativas que nos brindan.
Asi, as fotos de Aymará irán acompañadas polos cadors realizados pola artista Marta Paz, , quen traslada as imaxes dixitais ao lenzo, dandolle unha vida diferente e un novo significado, cunha expresión distinta e complementaria. Estas imaxes irán , á súa vez acompañadas polas pezas audiovisuais de Jose Lemur e Rogelio Fernandez, que nos transmitirán a experiencia dunha viaxe en tren, recreando o cotián dos sons, das imaxes fugaces que nel se producen eo paso do tempo dentro dese vagón que se erixe como unha paréntese común das nosas vidas. A exposición complétase cunha serie de microrelatos de diferentes autores e autoras inspirados nos protagonistas anónimos dos cadros e que fan que pensemos neles dnha maneira individual e tamén infinita, outorgandolles diferentes vidas.Vidas inventadas que Laura Pernás recreará nas súas pezas audiovisuais a partir das historias dos relatos, pechando así a cadea de creación colectiva.
O deseño final da exposición correrá a cargo da interiorista e deseñadora Beatriz Asorey.