Encarna Lago , coordinará dous obradoiros-visita práctica o día 20 de febreiro
Cos estudantes do grao de mestre de Educación Infantil da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo “A Educación dos Sentimentos Estéticos” farán unha visita ao Museo Provincial de Lugo, entre as 10:00 e as 13:00 horas (20-23 estudantes). A visita ten como finalidade que os estudantes investiguen as posibilidades que teñen os museos para realizar neles actividades con nenos pequenos, de 4 a 6 anos. Como se pode aproveitar un Museo para iniciar aos nenos no uso dos sentidos, nas emocións ante obxectos estéticos, e saber que existen lugares onde poden espertar esas emocións, e que e cousas teñen os museos que poden ser moi a propósito para traballar a esas idades.
Durante as dúas primeiras horas, os estudantes recorrerán as salas apuntando elementos que consideren de interese para traballar nunha escola infantil ou que posibiliten unha visita específica para realizar cun grupo de nenos.
Na terceira lles explicaremos aos estudantes como funciona o departamento de didáctica da Rede Museística e os elementos e recursos que hai para traballar coas visitas escolares.
Entrarán en contacto co obradoiro de Fotografía a Cegas que tamén se desenrolará maña a partires das 11 da mañá.
https://issuu.com/nodocultura/docs/menu_para_visitar_museos