Ir al contenido principal

POSTAIS DA GUERRA DE ÁFRICA. Colección de Manuel Urbano Barrio. Esta mostra, encadrada dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo A arte de xuntar

Mañá martes, día 31, ás 20:00 horas, terá lugar na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo, a inauguración da exposición POSTAIS DA GUERRA DE ÁFRICA. Colección de Manuel Urbano Barrio. Esta mostra, encadrada dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo A arte de xuntar e que ten como un dos seus obxectivos darlle visibilidade a diversas coleccións de particulares, está formada por postais que amosan imaxes dunha das contendas máis tráxicas e crueis da historia española do século XX e que tivo unha enorme repercusión nos medios de comunicación.
Con  motivo do 90 aniversario do remate desta contenda, a Rede Museística da Deputación de Lugo quere amosar esta colección de fotos en formato postal realizadas nos anos que durou esta guerra. Trátase de máis de 100 imaxes, a maior parte delas son en branco e negro, se ben hai algunhas coloreadas, que constitúen un documento gráfico de gran importancia no que se poden ver, entre outros aspectos, os primeiros carros de combate.
Ademais do seu valor gráfico e documental, moitas destas postais teñen tamén un valor filatélico, pois varias delas foron enviadas por correo e conservan o seu selo orixinal. Outras destacan, tamén, polo seu valor testemuñal pois recollen relatos de soldados, dirixidos a familiares e amigos, sobre diferentes aspectos desta cruel contenda na que se empregaron gases tóxicos. 
O acto de inauguración contará coa presenza de Mª Pilar García Porto, deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo; de Encarna Lago, Fernando Arribas e Aquilino González, comisarios da mostra, así como tamén da de Manuel Urbano Barrio.

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati