En xaneiro centola, en febreiro cabala, en marzo ourizos, en abril polbo, en maio bocarte, en xuño mexillón, sardiñas en xullo, bonito en agosto, chicharro en setembro, ollomol en outubro, zamburiñas en novembro e pinto en decembro. Estas son as recomendacións que dende o Museo Provincial do Mar vos facemos para que ao longo do ano comades peixes e mariscos de tempada.
O mar é inmenso e está cheo de riquísimos habitantes pero, como só hai doce meses no ano, tivemos que seleccionar só algúns porque no noso almanaque non collían máis. Tamén, no último obradoiro do Nadal deunos tempo de repasar os nomes dos meses do ano e de comparar o noso calendario con outros como o chinés, que xa vai polo 4714, o hebreo polo 5777 ou o musulmáns polo 1438. Os almanaques quedaron moi chulos e creativos.
Comentarios
Publicar un comentario