DÍA DA MIGRACIÓN 2016
O Día Internacional da Migración celébrase en todo o mundo o 18 de decembro, unha data sinalada pola ONU para chamar a atención sobre a gran contribución de millóns de persoas á economía e desenvolvemento dos países de todo o mundo. Nesta xornada presentarase o programa de actividades previstas para a continuación do proxecto “Culturas en diálogo”, os traballos desenvolvidos e as conclusións arredor dos diversos proxectos de museoloxía social que se veñen desenvolvendo nos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.
Presentación
Museo Provincial de Lugo
Venres, 18 de novembro: de 17:00 a 19:30 h.
Acto público
Actos previstos:
-Saúdo da deputada delegada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto
-Presentación da programación xeral do Día Internacional da Migración 2016 (18 de decembro de 2016)
-Parladoiro no que intervirán
-Pedro Cantero, director do Centro de Educación Permanente de Adultos do C. P. Monterroso
-Alí Lhana Díaz, tradutor del C. P. Monterroso. Experto en culturas mediterráneas e orientais
-Ana Mª Bereciartúa, presidencia da Asociación Rioplatenses de Lugo
.Víctor Fraga Gayoso, director de programas do C. Penitenciario de Monterroso
-Encarna Lago, xerente da Rede Museística
Inauguración das exposicións:
1.-Mostra arredor do conto “La mancha de humedad” de Juana de Ibarbourou.
Comentaranse os resultados do obradoiro “Imaxina” que se desenvolve todos os xoves do ano 2016.
2.- Museos posibles 25.2 : “Desenvolvemento para todxs” e “Mulleres en Turquía”. Centro Penitenciariode Monterroso.
Convocatoria
-Desde a experiencia comentada por 11 mulleres que participaron no programa “De aquí e dacolá” (Culturas en diálogo: Lugo –Arxentina) anúnciaseunha nova convocatoria para a realización de documentais sobre as culturas que dialogan, neste caso entre Lugo e Uruguai.
***
DOCUMENTACIÓN: Culturas en diálogo Lugo-Uruguai
Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo – Uruguai é un proxecto de colaboración entre a Rede Museística Provincial de Lugo e a Asociación de Inmigrantes e Retornados Riopratenses en Lugo que traballan xuntos co obxectivo de investigar, documentar, reinterpretar e difundir a cultura de Lugo e Uruguai a través do diálogo intercultural e, inclusive, xerando espazos comúns onde é posible compartir, interactuarbuscando acordo entre as diferenzas.
Por que con Uruguai?
Un pasado e un presente migratorio que nos une. Na cidade de Lugo viven máis de 250 persoas uruguaias. As cifras do Censo Industrial de Montevideo, de 1889, mostran que, dos seus 215.061 habitantes, se rexistraban un 47% de estranxeiros. En 1904, o Consulado Xeral de España en Montevideo comeza a elaborar os Libros de Rexistro de Nacionalidade e o 72,7% dos inscritos son galegos.
Son antecedentes do proxecto:
Follas novas, novas follas, 2010
Arte, Muller e Tango, 2013
Culturas en diálogo: Lugo – A Arxentina 2014
Desenvolvemento
Día Internacional da Migración 2015
Museo- Fortaleza San Paio de Narla
(En colaboración coa asociación cultural Mural Folk)
*Os vínculos culturais entre Galicia e Uruguai, nas voces poéticas de Jose Alonso y Trelles “El viejo Pancho”, nacido en Ribadeo e emigrado a Uruguai e Juana de Ibarbourou, coñecida como Juana de América, filla dun emigrante nacido en Lourenzá.
* Irmandade da Muralla de Lugo co Candombe e o Tango (patrimonios culturais inmateriais da Humanidade).
* Mateadas/café de pucheiro
Todos os xoves 2016: Obradoiros “Imaxina” no MPLugo
O conto de “La mancha de humedad”, de Juana de Ibarbourou, será o noso punto de partida. Reflexionaremos sobre a súa mensaxe e conduciranos como inspiración á creación plástica. Tallaremos en pranchas de escaiola, transferiremos imaxes, estamparemos sobre papel e, sobre todo, xogaremos coas diferentes posibilidades que nos dá o material.
O resultado do taller "Imaxina" será unha libre interpretación sobre o que nos fixo reflexionar a escritora uruguaia e redescubrir, mediante a experimentación, o mundo imaxinativo que levamos dentro.
Ao longo de todo o ano
Bloque documental onde se investiga como dar visibilidade á historia da muller migradora.
Testemuños de vida que reflectirán a historia social da migración, narrados polos seus protagonistas, gravados en un vídeo e xeolocalizados nun mapa do proxecto.
Día Internacional da Migración 18/12 /2016
*Proxección do documental “La memoria del Migrante“ nos 4 museos da Rede Museística.
Frases:
O museo é o noso lugar de encontro, de debate; pídenos a nosa participación, ofrécenos un diálogo permanente e con el creamos nexos coa sociedade, a través da memoria colectiva, anoando o pasado e o presente.
Documental:
Y al cabo de muchos años
estaban de vuelta en su tierra de origen,
y nunca habían olvidado nada.
Ni al irse, ni al estar, ni al volver:
Nunca habían olvidado nada.
Y ahora tenían dos memorias
y tenían dos patrias.
Eduardo Galeano
Comentarios
Publicar un comentario