Vivimos nun mundo globalizado e cambiante, caracterizado pola diversidade de culturas, etnias e relixións, no que proliferan conflitos, migracións e aumenta a intolerancia. Só unha sociedade tolerante será unha sociedade plural, respectuosa das diferenzas e dos dereitos humanos, na que se fomente a participación e a creación de oportunidades abolindo o medo, a marxinación e a xenofobia.
A tolerancia require activismo, leis que a promovan e educación. As accións que buscan a tolerancia desde a educación teñen que ir dirixidas a todos os grupos sociais e a todas as idades, partindo da escola, das familias, empresas, institucións e tamén dos museos. Por isto, desde o Museo Provincial do Mar, non podemos máis que sumarnos este 16 de novembro á celebración do Día Internacional para a Tolerancia.
Noelia Gómez