O alicerce dos catro museos da Rede MuseísticaProvincial, dependente da Deputación Provincial de Lugo, é a súa comunidade que participa de forma activa e permanente na preservación, investigación e comunicacióndo seu propio patrimonio, favorecendo o coñecementocolectivo, fortalecendo a identidade e os valores da contorna onde se atopa.
A Rede Museística Provincial de Lugo recoñece como responsabilidade prioritaria a preservación do patrimoniointegral e isto só é posible implicando aos membros da comunidade en accións de preservación conxunta; acompañándoos nun proceso de apropiación e capatización que lles posibilite exercer un uso responsabledos recursos patrimoniais para lograr un desenvolvementolocal e sostible.
Con esta orientación, e aproveitando o recente depósito noMuseo Provincial do Mar dunha áncora atopada na praiado Torno de San Cibrao, así como a inminente entrada envigor da Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia; iniciamos un programa de actividades divulgativas e pedagóxicas para dar a coñecer, entre outras cousas, como actuar ante un achado patrimonial, a quen pertencen os obxectos arqueolóxicos atopados baixo a auga, e cal é a lexislación relativa ao patrimonio arqueolóxicosubacúatico.
A primeira actividade, dirixida a cativos, terá lugar no Museo Provincial do Mar este venres, día 5 de agosto, de 10:30 a 12 horas, e será impartida por Encarna Lago, Xerente da Rede Museística Provincial; Blanca Besteiro, Conservadora e Restauradora da Rede MuseísticaProvincial; e Enrique Alcorta, arqueólogo da Rede Museística Provincial.
No fondo do mar, ríos e lagos, así como nas súas costas, atópanse obxectos e outros vestixios materiais da vida dos que habitaron esas rexións, tanto no pasado recente como remoto.
Estes vestixios son un legado da nosa historia e constitúenrecursos fráxiles e insubstituíbles. Forman parte de aquiloque nos fai ser quen somos e conforman un valioso patrimonio cultural que debemos protexer en beneficio das xeracións presentes e futuras.
A arqueoloxía é a ciencia que estuda, a partir destes restos materiais, a vida cotiá e outros aspectos da cultura dos grupos humanos que nos precederon. Todo pobo tendereito a este coñecemento sobre o pasado, o cal contribúea fortalecer a súa identidade cultural.
Por estas razóns, así como polo seu particular atractivo, algúns sitios arqueolóxicos subacúaticos poden ser aproveitados con fins recreativos, educativos e turísticos en beneficio de toda la comunidade.
¿Por que son importantes estes bens?
¿A quen pertencen os obxectos arqueolóxicos atopados baixo a auga?
Normalmente pénsase que estes obxectos están abandonados e, por tanto, pertencen á persoa que os atopa. Non obstante, por unha herdanza do noso pasado, pertencen a todos os habitantes do noso territorio. Todos temos o dereito de gozar deste patrimonio.
A importancia do contexto
A arqueoloxía non se basea soamente no estudo de obxectos. Nunha investigación todo tipo de evidencia é importante: estruturas, pezas enteiras ou fragmentadas; vestixios microscópicos, as características do sedimento… todo conta á hora de «armar o quebracabezas».
Ademais, para poder levar a cabo unha axeitadainterpretación do pasado é fundamental coñecer e estudar o contexto do achado, é dicir, a relación espacial entre os diferentes tipos de evidencias e a súa contorna.
Os obxectos de cerámica, metal, madeira, vidro e outros materiais que permanecen moito tempo somerxidoschegan a adquirir un equilibrio co medio acuático. Ao extraelos e entrar en contacto co aire, ese equilibriorompe, polo que poden deteriorarse ou destruírserapidamente.
Por iso, para conservar os restos arqueolóxicossubacuáticos é preciso sometelos a tratamentosespecíficos, que polo xeral son complexos e custosos.
¿Que facer ante un achado? ¿Como podo involucrarme?
Se ao mergullarse, ao camiñar pola costa ou calquera outra actividade realizada nun ambiente acuático, é importante que:
Lexilación relativa ao patrimonio arqueolóxico subacuático
A proteción legal do patrimonio arqueolóxico susténtasenunha lei nacional e nas respectivas leis autonómicas, asícomo en tratados internacionais. No caso galego hai que ter en conta:
>Lei 13/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
>Lei 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia que entra en vigor o 16 deste mes de agosto.
Segundo esta lei «pertencen ao patrimonio arqueolóxicosubacuático todos os rastros de existencia humana que sexanbens integrantes do patrimonio cultural de galicia, tal como os define o artigo 1, que se afundisen no seu mar territorial e augas interiores, parcial ou totalmente, susceptibles de ser estudados e coñecidos a través de métodos arqueolóxicos, fosen extraídos ou non do medio no que se encontran».
Ademais, «a actuación sobre o patrimonio cultural subacuático basearase nos principios seguintes: a) aconservación in situ do patrimonio cultural subacuáticodeberá considerarse a opción prioritaria antes de autorizar ou emprender actividades sobre ese patrimonio, b) o patrimoniocultural subacuático recuperado depositarase, gardarase e xestionarase de tal forma que se asegure a súa preservación a longo prazo, c) calquera actuación velará por que se respectendebidamente os restos humanos situados nas augas marítimas, d) propiciarase o acceso responsable e non prexudicial do público ao patrimonio cultural subacuático in situ, con fins de observación ou documentación, para favorecer a sensibilización do público cara a ese patrimonio, así como o seu recoñecemento e protección».
>Convención da UNESCO sobre a Protección do Patrimonio Cultural Subacuático.
Nesta lei indícase como patrimonio cultural subacuático«todos os rastros de existencia humana que teñan un carácter cultural, histórico ou arqueolóxico, que estiveran baixo a auga, parcial ou totalmente, de forma periódica ou continua, polo menos durante 100 anos».
Dende a Rede Museística Provincial alentamos e participamos, tamén coas actividades divulgativas e pedagóxicas que se poñen agora en marcha, a que se siga a traballar para favorecer a conservación e o coñecementodo patrimonio arqueolóxico subacuático da nosaprovincia.
Comentarios
Publicar un comentario