Free counter and web stats

miércoles, 24 de agosto de 2016

MAÑÁ FACEMOS ARTE COA COMIDA NO MUSEO DE SAN PAIO DE NARLA (REDEMUSEISTICA)

E
Dentro do programa de Actividades de Verán da Rede Museística da Deputación de Lugo, mañá xoves, día 25, van ter lugar, nos museos e horarios que se indican, os seguintes obradoiros:


Museo Fortaleza de San Paio de Narla
OBRADOIRO: Facemos arte coa comida
Neste obradoiro xogaremos a facer arte cos alimentos. Centrarémonos principalmente en comida salgada: xoaniñas con galletas salgadas, queixo crema e tomate; sándwichs con formas de oso, bonecos, coches... e tamén faremos algunha sobremesa.
Idades: de 6 a 14 anos
Horario: de 12:00 a 14:00 horas