Dúas pezas do pintor lucense Xesús Rodríguez Corredoira foron
doadas a Rede Museística .
A doazón, foi feita
por Soledad Varela Ortega, neta do filósofo Ortega y Gasset, con motivo do
décimo aniversario da creación da Rede Museística da Deputación de Lugo.
Os
dous cadros retratos de mulleres galegas son :Retrato de Consuelo Feijoó
e Retrato de Andrea Varela, complementan
as diferentes creacións da colección de Corredoira que posúe o Museo.
Temos que destacar a xenerosidade de Soledad Varela
Ortega e a importancia para ao museo de que alguén quere que retratos da súa familia formen parte da Redemuseística.
Jesús
Rodríguez Corredoira
Nado en Lugo o 5 de abril de 1889, é un dos artistas máis
importantes da nosa provincia. Aos catorce anos, Rodríguez Corredoira foi
bolseiro pola Deputación de Lugo para estudar en Madrid. Ao longo da súa
andaina artística, foi adquirindo influenzas dos seus mestres como foi o caso
de Sorolla e Zuloaga, entre outros artistas cos que conviviu en Madrid. Aparece
moi identificado coas ideas da Xeración do 98, ofrecéndonos unha visión da
España negra, a través dos seus personaxes atemporais, deformados e
espiritualizados.
A súa etapa mística coincide cos anos vividos en Lugo, na
que pinta cadros de gran formato utilizando os fondos de base negros, con
figuras cunhas carnacións dun branco espectral, influenciadas pola pintura de
El Greco. A súa privilexiada posición social lle levará a converterse no pintor
da burguesía e do clero, deixando patente a súa orixinal faceta de retratista. O
pintor faleceu en 1939 en Portela de Roxos, Santiago de Compostela.