Free counter and web stats

miércoles, 24 de agosto de 2016

Doazón á Rede Museística da Deputación de Lugo de dous cadros de Corredoira

E

Doazón á Rede Museística da Deputación de Lugo de dous cadros de Corredoira

Con motivo do X aniversario da creación da Rede Museística e do Museo Pazo de Tor, por parte de Dna. Soledad Varela Ortega, neta do filósofo Ortega y Gasset, foron doados á devandita Rede dous cadros de Xesús Rodríguez Corredoira. O primeiro leva por título Retrato de Andrea Varela e trátase dun óleo sobre táboa,  de 55.4 x 35,4 cm., mentres que o segundo, un óleo sobre lenzo de 66 x 54,4 cm., é un Retrato de Consuelo Feijoo.
O acto de presentación destas novas obras estivo presidido por Mª del Pilar García Porto, deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo, acompañada de Encarna Lago González, xerente da Rede Museística, que agradeceu a xenerosidade da doante e destacou a importancia da colección de retratos realizados por Corredoira existente no Museo Provincial de Lugo.