Free counter and web stats

lunes, 11 de julio de 2016

REACCIÓNS ao redor de “A paisaxe contra a parede” de Christian Villamide

E

REACCIÓNS ao redor de “A paisaxe contra a parede” de Christian Villamide

O xoves, 14 de xullo, ás 20:00 h., vai ter lugar un recital poético-musical inspirado na obra de Christian Villamide. O motivo a exposición “A paisaxe contra a parede”  que se pode ver na Sala de Exposicións do MPLugo ata o 31 de xullo. Poetas e músicos, inspirándose nunha ou varias das obras que se amosan nesta exposición, crearán  un poema ou tema que representarán na propia sala. Unha relectura da proposta de Villamide desde outras facetas creativas. Entrada libre.

Lugar: Sala de Exposicións do MPLugo

Hora: 20:00 horas

Recitarán os poetas:

Isidro Novo / Mª José Fernández / Eva Xaním / Miguel Ángel Curiel / Beatriz L. Dorado / Toño Núñez

E interpretarán os seus temas os músicos:

Xaneco Tubío / Daniel do Pando

Este recital será gravado por APN productora, Art Productions Network/ Studio e para a posterior realización dun documental.