Ir al contenido principal

ACTIVIDADES REDE MUSEÍSTICA SÁBADO DÍA 16 DE XULLO

Dentro do programa de Actividades de Verán da Rede Museística da Deputación de Lugo, mañá sábado, día 16, van ter lugar, nos museos e horarios que se indican, os seguintes obradoiros: Museo Pazo de Tor OBRADOIRO: Obradoiro Cousas de nenos (Obradoiro de gravado en releve) Un achegamento á obra de Castelao a través das técnicas de gravado en relevo. Partindo de debuxos e a diferente obra gráfica de Castelao que conta coa presenza de nenos, realizaremos un gravado en relevo (linogravado) sobre a obra elexida para, de seguido, realizar a estampación na prensa da mesma. Ao rematar, entregaranse aos asistentes os bosquexos realizados estampados na prensa. Idades: a partir de 7 anos, inlcuídos adultos Horario: de 12:00 a 13:30 horas Museo Provincial de Lugo OBRADOIRO: As vangardas e non só Un percorrido pola primeira metade do século XX a través da literatura insurxente das vangardas, principalmente en Europa, mais que tamén tiveron a súa repercusión en Galiza con autores como Amado Carballo, Cunqueiro, Manuel Antonio. Idades: de 4 a 16 anos Horario: de 11:00 a 13:00 horas Datas: 16 de xullo. Participantes: 15 Lugo, 15 de xullo de 2016