Un ao máis, á área de Cultura de Deputación de Lugo presenta o seu amplo programa de obradoiros para o verán 2016 en todos os museos integrados na Rede Museística Provincial. O noso obxectivo é que mozos e mozas, grandes e pequenos, vos acheguedes aos nosos museos, sempre abertos para que o saber e a cultura cheguen a todos os recunchos da provincia de Lugo. O prazo de inscricións para estas actividades comeza o xoves, 23 de xuño, e permanecerá aberto ata completar as prazas previstas para cada obradoiro. Tanto para realizar a inscrición como para calquera consulta diríxite ao museo onde pretendes realizala. Lembra que tod@s actividades que ofrecemos son totalmente gratuítas.
REFRÉSCATE NOS MUSEOS!
Chegou o verán e con el a calor, a canícula, que pide alivio e refrescos. Podemos ir á praia ou ao río, buscar a sombra dunha árbore ou quedar na casa! Pero tamén podemos ver que hai, que nos ofrecen os museos da contorna!
Non moi lonxe de onde resides ou pasas o verán hai un museo. Visítao, coñéceo, pregunta que pode facer ese museo por satisfacer a túa curiosidade. Seguro que vos entendedes, que amigades incluso, e que de aquí en adiante serás dos que aman os museos.
Nos museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo propoñémosche un programa cunha morea de actividades que están agardando por ti. Propostas de todo tipo, para todas as idades, todas guiadas polo afán de aprender e gozar ao mesmo tempo. Unha mestura de coñecementos e entretementos que procuran que a cultura e a historia deste noso país, a que procuramos divulgar e transmitir desde as coleccións expostas nos catro museos da Rede, formen parte das nosas vidas tamén no verán.
E é que no verán a calor aperta, e hai que procurar refrescarse. Refrescar o corpo, pero, sobre todo, refrescar a memoria do sabido ou por saber.
Agardámoste!
PROGRAMA DE OBRADOIROS E ACTIVIDADES
»Museo Provincial de Lugo
»Museo Provincial do Mar
»Museo Fortaleza San Paio de Narla
»Museo Pazo de Tor
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe