O vindeiro mércores, día 29 de xuño, ás 12:00 h., terá lugar no xardín do Museo Provincial de Lugo a inauguración da mostra Diversxs e visibles. Arte, iconografía, educación e testemuña LGTBI. Este acto contará coa presenza de Xosé Ferreiro Fernández, deputado delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
A exposición "Diversxs e visibles" é unha mostra colectiva na que unha selección de artistas visibiliza a través da súa obra a diversidade sexual e de xénero. As realidades que habitualmente se invisibilizan no mainstream e outros contextos sociais heteronormativos son mostradas abertamente no xardín do MPLugo axudando a valorizar condutas e tendencias que foron e son tradicionalmente desaprobadas por amplos sectores da sociedade. A mostra é conmemorativa do Día Mundial polos dereitos das persoas LGTBI e conta coa colaboración do conncello de Pon tevedra.
Complementarias desta mostra son as actividades que a continuación se relacionan:
Venres, 1 de xullo:
Ás 18:30_actividade para nenos a cargo da Tropa de trapo
Ás 20:00_monólogo a cargo de Lois Pérez
E ás 21:00_concerto de Jotinho´s
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe