Do 7 ao 10 de xullo o experto en interpretación do patrimonio Jorge Morales Miranda volve ao CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Oleiros, A Coruña) a impartir o Curso-obradoiro Metodoloxía para a Interpretación do Patrimonio: Procedementos e técnicas de comunicación para achegar o patrimonio natural e cultural ao público non-cautivo. A actividade está dirixida a traballadores/as con funcións en interpretación-presentación do patrimonio ao público, vinculados a sitios históricos, monumentos, xacementos, espazos naturais protexidos ou museos, xestores/as culturais, guías, responsables de programas de uso público, empresas de servizos turísticos, educadores ambientais, ou público xeral interesado en coñecer os novos enfoques e actualizacións da interpretación como estratexia de comunicación do patrimonio natural e cultural en entornos non formais.
A inscrición xa está aberta e as prazas son limitadas.
Máis información: http://www.ceida.org/formacion/curso-obradoiro-metodoloxia-para-interpretacion-do-patrimonio-0.html
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe