Free counter and web stats

jueves, 30 de junio de 2016

CRISTINA PALACIOS FALARÁ HOXE SOBRE TRANS*FORMANDO A SOCIEDADE A REDE MUSEISTICA SEGUIMOS APOSTANDO POR PROGRAMAS DE CAMBIO SOCIAL DENDE OS MUSEOS

E
Como complemento da mostra Diversxs e visibles. Arte, iconografía, educación e testemuña LGTBI, mañá xoves, día 30, ás 20:30 horas, terá lugar no Refectorio do Museo Provincial de Lugo unha charla de Cristina Palacios Castro, presidenta da asociación de familias de menores Trans* de Galicia, ARELAS e nai da primeira menor trans que logrou mudar legalmente o seu nome en Galiza, que falará sobre “Trans*formando a sociedade”. Neste relatorio, Cristina Palacios tratará de facernos visible unha realidade socialmente oculta, a das e dX
s menores transexuais. Con base a experiencia vital que supón a súa filla Sara, amosará e defenderá unha alternativa para unha realidade complexa que transcende a simpleza dun proceso de "etiquetado sexual" en función dos xenitais o nacer, xa que esa clasificación tan ríxida e as veces errónea, estivo provocando que históricamente unha parte la humanidade estivera sempre relegada a “ningún lugar” e, a vez, maltratada e invisibilizada, en base ao que NON SE VE, NON EXISTE.