Presentación da novela “Catalina de Santisso” de AURORA GARCÍA RIVAS no Museo de San Paio de Narla mañá as 8,30 vos esperamos
Presentación da novela “Catalina de Santisso” no Museo de San Paio de Narla
O sábado 30 de abril, ás 20:30 horas na Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) preséntase a novela de Aurora García Rivas “Catalina de Santisso” puiblicada pola editorial Septem Ediciones. Presenta Marián Suárez, licenciada en Filoloxía Francesa e experta en Literatura Española. Entrada libre.
"Catalina de Santisso” é unha novela histórica que transcorre no s. XVI entre o priorato de Miranda (San Tirso de Abres) e a fortaleza de San Paio de Narla (Lugo).
Recréase a vida de Catalina de Santisso, asasinada polo seu esposo Vasco das Seixas na fortaleza de San Paio. Deste feito xorde unha fermosa lenda a partir da cal a autora transpórtanos a un espazo temporal e físico real, en pleno século XVI, onde transcorre de vida de Catalina e a súa tráxica morte. Con esta novela, a autora ofrece ao lector a posibilidade de imaxinar a vida da nova Catalina de Santisso. Traxedia e dor envoltos en retazos da historia dunha nova dama que coñece, desde moi nova, o lado máis escuro da vida a través do seu marido, Vasco dás Seixas, señor da fortaleza lucense de Xiá.
https://scontent-fra3-1.xx.fbcdn.net/v/t1.0-9/13095763_1164325310268112_7226035178480349794_n.jpg?oh=d981c4fde2ef98206cdf5854b4e6be8b&oe=57B72A99