HOXE xoves, día 7, ás 17:00 horas, Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, participará nunha mesa redonda na I XORNADA SOBRE EDUCACIÓN E FORMACIÓN EN ARTE
PONENCIA NO CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
HOXE xoves, día 7, ás 17:00 horas, Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, participará nunha mesa redonda na I XORNADA SOBRE EDUCACIÓN E FORMACIÓN EN ARTE CONTEMPORÁNEO DESDE MUSEOS, CENTROS DE ARTE, FUNDACIONES E INSTITUCIÓNS que se vai celebrar no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela. Esta mesa redonda, sobre Formación e educación en arte contemporánea desde os museos, centros de arte, fundacións e institucións. Estratexias de ensino na escola, moderada pola presidenta do IAC Isabel Durán, contará tamén coa participación de Eduardo López Valiña (conservador xefe da Fundación Granell), Marisa Sobrino (ex catedrática de Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, crítica e comisaria de exposicións), Marta Viana (responsable de Comunicación e Actividades do MARCO de Vigo) e Jaime García Crespo (conselleiro delegado da consultora Educación y Sistemas e coleccionista de arte).