EXPOSICIÓN: EXPANSIÓN NATURA, Mercedes Paz Pérez
A partir do día 1 de maio e ata o 31 deste mes poderase visitar no Museo Pazo de Tor esta exposición de pinturas e esculturas da artista chantadina Mercedes Paz Pérez.
Mercedes Paz é persoa antes que artista. Isto que pode parecer un menosprezo, non é tal, porque nos permite ver unha obra chea de verdade, de pracer verdadeiro. É a arte pola vida ou a vida pola arte, a orde neste caso non importa. O seu traballo é o reflexo dun subconsciente creativo, é un exercicio de madurez e de honestidade. A arte en Mercedes constitúe a materialización dun universo interior propio, libre de banalidades. É outra máis das paradas nesa viaxe de busca, de superación persoal, da percepción dun mesmo e do mundo que nos rodea.
Mercedes toma contacto coa arte na súa tenda de enmarcado, que ó pouco tempo se converte nunha galería de arte. Dá o salto definitivo no ano 2012. A crise económica e a difícil situación social provoca nela a necesidade de parar, de deterse a reflexionar sobre quen era e quen quería ser. De este período de introspección saíu unha muller reforzada, sen complexos, sempre creativa, innovadora, disposta a saltar ó baleiro por aquilo no que cree, pero sen esquecer o aprendido no pasado. Foi o pulo que necesitaba para meterse de cheo no mundo da creación artística. (máis info)
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe