Ir al contenido principal

O DELEGADO DE CULTURA XOSE FERREIRO E AS COORDINADORAS DO PROXECTO ENCARNA LAGO E PAULA CABALEIRO PRESENTARON HOXE ESTUDIO ABERTO 5

21-03-2016 http://www.v1deputacionlugo.gal/novas.php?id=1921&idioma=gl&sec=73 As residencias artísticas terán lugar durante o mes de agosto e contarán con 14 prazas, aumentando as ofertadas o ano anterior Xosé Ferreiro presentou hoxe a 5ª edición de Estudo Aberto Xosé Ferreiro “por este proxecto pasaron creadores e creadoras que acadaron importantes premios e bolsas, que expuxeron xa nos museos máis importantes do Estado español, sendo recoñecidos pola crítica e polo mercado da arte” Esta mañá presentouse a 5ª edición de Estudo Aberto, o programa de residencias artísticas que impulsa a Área de Cultura da Deputación de Lugo e que se desenvolverá durante o mes de agosto na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, no Pazo de Tor e, por vez primeira, no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), concretamente na Capela de Santa María. Tal e como espuxo o Delegado de Cultura, Xosé Ferreiro, "Estudo Aberto é unha aposta polos creadores e creadoras emerxentes que este ano aumenta as súas prazas, pasando das 8 ofertadas na edición pasada ás 14 prazas que se ofertan nesta 5ª edición", dixo. Co apoio á produción artística como premisa, un ano máis, a Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial, presentan unha nova edición de Estudio Aberto, unha iniciativa dentro do proxecto Enredarte, que volverá a achegar á provincia​ propostas artísticas de creación en directo procedentes de todo o mundo. Xunto a Xosé Ferreiro participaron tamén da presentación Paula Cabaleiro e Encarna Lago, como coordinadoras do programa que coincidiron en destacar que "Estudo Aberto medra como proxecto cada ano, e nesta edición queremos conxugar tres fíos: a arte contemporánea, a arte e naturesa e a artesanía" dixeron. Plataforma de visibilidade e punto de encontro Estudo Aberto foi punto de encontro entre artistas emerxentes que están a ser noticia cada día. Tal e como expuxo Xosé Ferreiro "por este proxecto pasaron creadores e creadoras que acadaron importantes premios e bolsas, que expuxeron xa nos museos máis importantes do Estado español, sendo recoñecidos pola crítica e polo mercado da arte" sinalou. Algúns exemplos disto son Edurne Herrán (#EstudioAberto2) acadou a prestixiosa bolsa de EFTI (Centro Internacional de Fotografía e Cine) o pasado 2015; o crítico de arte Javier Díaz Guardiola (ABC Cultural) adicou un dos seus últimos artigos "Darán que hablar..." a Miguel Benjumea (#EstudioAberto4); Juan Antonio Cerezuela (#EstudioAberto4) recibe o primeiro premio na XXXI Muestra de Arte Joven de La Rioja; María Prada (#EstudioAberto4) acadou recentemente a bolsa pre-doutoral da Universidade de Vigo para estancias en centros de investigación, disfrutando dunha estancia de investigación (Dic 2015-Feb 2016) en Rennes, Francia, para traballar sobre os fondos do Cabinet du Livre d'Artiste, Universidad Rennes 2. Ruth Montiel Arias (#EstudioAberto1) foi unha das ultimas premiadas cunha Residencia artística no MAC museo de arte contemporáneo da Coruña (2015) e un último dato curioso: os artistas Román Corbato e Miguel Benjumea (#EstudioAberto4) coñécense en Lugo e dende entón, propoñendo proxectos xuntos, acadan recentemente o Premio de Intervención nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura (2015-2016) e o Premio NH Collection Santiago na Feira de Arte Cuarto Público 2016. Ferreiro sinalou que "estes son só algúns exemplos que poñen en valor os criterios de selección da residencia Estudo Aberto e a súa valía na carreira das e dos creadores novos, que gañan visibilidade e establecen contacto con outros artistas" Estudo Aberto medra como proxecto Tras catro satisfactorias edicións, Estudo Aberto xa situou a Lugo nun mapa nacional de residencias artísticas, recibindo propostas de creadores/as de todo o Estado español e mesmo do estranxeiro, con solicitudes chegadas de máis de 10 países. Bases Estudo Aberto 5_ San Marcos Bases Estudo Aberto 5_Pazo de Tor Bases Estudo Aberto 5_ Capela de Santa María

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati