Ir al contenido principal

PROXECTOS DE CONTINUIDADE DE REDE MUSEÍSTICA COORDINAR ESTE III CONGRESO DE XENERO MUSEOS ARTE Y EDUCACIÓN ÉNCHEME DE LEDICIA

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN AO III CONGRESO DE XÉNERO, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN

Dende mañá mércores, día 24, está aberto o prazo de inscrición ao III CONGRESO DE XÉNERO, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN que organiza a Rede Museística Provincial de Lugo, dependente da Área de Cultura da Deputación de Lugo, para os días 3, 8,9, 11 e 12 de marzo do presente ano. Cómpre destacar que, debido  ás características do formato deste congreso, disponse dun aforo reducido. A reserva de prazas será por rigorosa orde de inscrición, sendo o número de prazas o seguinte:
  • Público en xeral: 50 prazas (días 3, 9, 11 e 12) e 70  prazas (día 8).
  • Profesorado: 20 prazas (sesión de tarde día 3, 9, e 11).

Este Congreso conta coa colaboración e aval de distintas institucións museísticas como ICOM España, Red Española de Profesionales de Museología Social, Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC), Museo de Arte Africano da Universidade de Valladolid, Museo Thyssen-Bornemisza, Museo Arqueológico de Cacabelos, Museo de León. Igualmente a extensa rede de colaboradores que participan deste encontro, inclúe  diversas plataformas, artísticas, pedagóxicas e sociais, de investigación, exhibición, xestión e difusión como son o Observatorio de Educación Patrimonial en España, Mujeres de las Artes Visuales (MAV), Isköo espazo multidisciplinar, La Gran e a Asociación galega de profesionais da xestión cultural, e o Consello da Cultura Galega a través da súa Comisión de Igualdade.
Na nosa teima de que no debate deben formar parte tamén todos os colectivos implicados, esta edición conta coa participación da Fundación Daniela, da Asociación Xaira, da Asoc. Enriqueta Otero “As Quetas”, de ACADAR, Asociación Galega de Mulleres con Discapacidade, da  Asociación Arelas, da Asoc. Si hai saída contra a violencia de xénero en Lugo, Homes galegos pola Igualdade, entre outras.
E como grande novidade, o alcance internacional deste congreso que suma a participación de profesionais de organismos como REMCAA,  Rede de Educadores de Museos de Arte e Centros de Arte (Arxentina), os Museos Comunitarios de Berazategui (Arxentina), o ECCOM,idee per la cultura(Italia), a Curadoría pedagóxica da 9ª Bienal de Mercosul en Porto Alegre (Brasil) e proxectos educativos en Museos de México.
Conta, igualmente, co patrocinio científico da Facultade de Humanidades de Lugo, do Máster de Servizos Culturais da USC, do Curso de Experto en Xestión Cultural da USC, das Universidades de Zaragoza co Máster en Museos: Educación e Comunicación, as Universidades Complutense e Autónoma de Madrid, Valladolid, Santiago de Compostela,  A Coruña, Vigo e a Universidade de Maine (EE.UU.).
Conscientes de que a transformación comeza na educación, este congreso forma parte do plan de formación do profesorado avalado polo CFR de Lugo para que os días 3, 9 e 11 de marzo conformen as Xornadas Museos, Educación e Igualdade de Formación do Profesorado. O obxectivo é dotar aos formadores e formadoras de ferramentas de sensibilización e xestión da diversidade nas aulas, como lugar de convivencia natural da multiculturalidade na nosa sociedade. Un congreso aberto a outros sectores de interese e que se estende máis aló das nosas fronteiras, coa participación de profesionais desde Arxentina, Italia, México, Estados Unidos e Brasil.
Nesta ocasión, o congreso dividise en xornadas. O xoves 3 de marzo céntrase endiscapacidade, migración e transxénero coa intervención de colectivos que traballan e forman á sociedade para a normalización destas realidades. Ademais inauguraremos dúas  exposición en clave feminina: Nós + Outras, proxecto realizado en colaboración con EducaThyssen do Museo Thyssen-Bornemisza ePalabras Pintadas de Soledad Pite.
O martes 8 de marzo temos unha cita co activismo e o tecido asociativo. Acomunicación e a linguaxe son os temas do mércores 9 de marzo. O venres 11 de marzo será a xornada dedicada ás boas prácticas museísticas e rematamos o sábado 12 de marzo cunha xornada ao redor da arte e o xénero, onde se presentará a Bienal de MAV Mujeres en las Artes Visuales e contará coa participación de artistas e axentes que compartirán os seus proxectos de visibilización connosco.
Consecuentes con que, como toda institución pública, debemos promover políticas de igualdade, así como ofrecer espazos de diálogo e cohesión intercultural, queremos con este encontro facilitar a vosa participación activa e a difusión de experiencias, reflexións e boas prácticas sobre o xénero e a diversidade no ámbito artístico e pedagóxico.
Para máis información da organización deste III CONGRESO DE XÉNERO, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN, formalizar a inscrición, visualizar o programa, presentar comunicacións, todas aquelas persoas interesadas poden facelo a través do seguinte enlace:


Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati