EXPOSICIÓN: A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz
Inauguración: Luns, 16 de novembro de 2015, 20:00 h.
EXPOSICÓN: A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz
Sala de Exposicións do MPLugo (Refectorio)
(do 16 ao 29 de novembro de 2015 )
_____Horario de visitas
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta
(do 16 ao 29 de novembro de 2015 )
_____Horario de visitas
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta
Exposición “A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz”
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou 2015 como o Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz. Non é casualidade que se escollese precisamente este ano, e a razón non é outra máis que a conmemoración de diversos aniversarios: os traballos no campo da óptica realizados en 1015 por Alhacén, a natureza ondulatoria da luz proposta por Fresnel en 1815, o 150 aniversario da síntese electromagnética de Maxwell, o centenario da teoría xeral da relatividade de Einstein e as achegas de Charles Khao en 1965 sobre o emprego da fibra óptica nas comunicacións.
Estanse a realizar actividades de divulgación en todo o mundo. Neste contexto IGACIENCIA propúxose desenvolver esta actividade en Galicia coa finalidade de achegar á sociedade a importancia da luz a as súas tecnoloxías na vida diaria e fomentar vocacións científicas. E así consta no calendario da páxina galega do ano internacional da luz (ver)
Ademais, deste xeito, como todos os anos, Igaciencia celebra o día da Ciencia en Galego facilitándolle aos centros educativos exemplos e mostras de materiais e ideas que poidan mellorar a formación dos seus alumnos, facéndoo en galego, que a linguaxe propia de Galicia e na que se pode ler, escribir e facer ciencia.
Descrición da Exposición:
Nome da exposición “A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz”
Actividade de carácter divulgativo, lúdico e interactivo que está formada por varios carteis e mesas temáticas con experiencias e material manipulativo, informático e tecnolóxico.
Tres liñas de carteis. Uns enfocados a facilitar a comprensión e o coñecemento científico e aportan a visión da construción da ciencia como unha tarefa colectiva, unha construción humana progresiva e non como un conxunto de verdades reveladas, o papel da experimentación no avance do coñecemento científico, o papel dos modelos e as aplicacións das propiedades da luz.
Outros, orientados a favorecer a comprensión do papel da luz no coñecemento e investigación espacial, presentarán un panorama das ondas electromagnéticas e das súas aplicacións no dominio espacial. Para esta parte contamos coa colaboración do CNES -CENTRE NATIONAL D'ÉTUDES SPATIALES-.
E outros analizan e explican fenómenos relacionados coa luz tanto cotiáns como de gran impacto futuro.
Os módulos de experiencias exploran a ciencia e a tecnoloxía que xira ao redor da Luz. As Matemáticas, a Física, a Química, a Robótica, a Arte, a Cultura, a Tecnoloxía, a Percepción e a Psicoloxía entran de cheo nesta nova exposición.
Apartados e detalle da exposición
Todos estes apartados ou temáticas converten en única a exposición a nivel de toda España. De querer profundar nos apartados da exposición engadimos a clasificación e ideas que se traballan nela, clasificando as experiencias baixo os epígrafes seguintes. En cada un deles citaremos, a título de exemplo, unha ou dúas das varias experiencias que aglutina, De todas formas, a única forma de ter unha visión total da exposición é visitándoa.
Luz e informática. Programas explicativos
-Reloxos de Sol. Código de barras. Lendo e creando códigos de barras de diversos tipos. Lentes, Interferencias, Series de Fourier, Espellos Cóncavos e convexos, Refracción, Eclipses de Sol, Interferencias, efecto Doppler, Suma aditiva e substractiva de cores, Números e cores, Anamorfismo, etc.. Todos eles programas de Manuel Diaz Regueiro instalados en varios Raspberry Pi ou windows conectados a varios monitores, ademais de a tres portátiles.
Google cardboards para ver realidade virtual, realidade aumentada e 3d.
Luz e tecnoloxía
Portas de luz láser. Fotografía a alta velocidade. Exemplos con Arduino: Usando tres potenciómetros podemos regular a cor final dunha luz led, medir esa cor, medir intensidades e determinar que material é máis illante, etc..
Luz e robótica con EV3
Robot que segue unha determinada liña co sensor de luz
Movemento con potencia proporcional á intensidade da luz que recibe. Moverse cara a luz.. Seguimento dunha baliza infravermella. Sensores de cores. Experimentos con robots para medir a enerxía solar.
Luz e Arte
Ideas sobre a visión e a percepción da cor que marcaron todo un século da arte pictórica. Ilusións ópticas. Cor e puntillismo. Funcións de cor. Anamorfismo.
Luz e Astronomía
Sextante, medida da Terra de Eratóstenes, cartel xigante de Historia da Astronomia (3x2 metros)
Luz e xeometría
Viaxe cara ao infinito, multiplicador de imaxes, periscopio, caleidoscopio, simetrías con espellos…
Luz e Matemáticas
O principio de Fermat, medir as alturas con espellos (Euclides), medir con luz, caleidoscopios poliédricos,,,....
Luz e percepción
Varios experimentos están relacionados co funcionamento do ollo, de como este recolle a luz e a procesa. Outros tratan a visión tridimensional e a súa simulación a partir de figuras bidimensionais.
Luz e 3d
Uso de gafas de diversos tipos para observar en 3D, por exemplo ver mapas de estrelas próximas en 3d a partir dunhas láminas que as representan. Gafas Google...
Luz e Física
Experimentos de Newton, a espectroscopía, os discos CD e DVD con lectura láser, os láseres, a luz coherente, onda e partícula, os buracos negros, relatividade e luz, O nacemento dos cuantos e Planck, o arco da vella, a cor do ceo, etc, etc
Múltiples Experimentos coa luz
Luz e cultura
Día e noite nos símbolos galegos, As festas anuais celtas e porque a súa medida do tempo non era primitiva, Deuses do Sol e da Luz (todas as culturas do mundo desde a xaponesa, romana, grega, persa, exipcia, celta,... tiñan como deuses centrais os do Sol e da Luz)
Destinatarios
Os destinatarios principais da exposición son o alumnado da ESO, FP e Bacharelato, así como a cidadanía en xeral. O seu carácter é plenamente divulgativo.
Resposta dos centros
A resposta dos centros educativos foi rápida: nunha única semana encheron os ocos que tiñamos para as visitas guiadas para os centros educativos. Visitas guiadas dun máximo de 50 alumnos cada hora e media. Polo que visitarán a exposición arredor de 800 profesores e alumnos nesas visitas.
As visitas guiadas realizaranse do 4 ao 10 de novembro e a exposición dura desde o 3 ata o 11 de novembro. O día 3 ás 12 e media farase a presentación á prensa e ese mesmo día, ás 7 da tarde, farase a presentación e visita guiada ao profesorado e público interesado.
Patrocinio
A exposición realízase baixo o patrocinio de Cultura da Deputación de A Coruña.