EXPOSICIÓN: _adaptándose. Empoderando ás persoas con discapacidade a través da arte Este xoves, 15 de outubro, ás 17:00 h., inaugúrase no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos, a exposición “_adaptándose. empoderando ás persoas con discapacidade a través da arte”. Trátase do resultado do proxecto Artability que durante dous anos se veu desenvolvendo co obxectivo de aumentar a participación social das persoas con discapacidade, mellorar o sistema educativo de adultos e facer un ha análise comparativa europea sobre o impacto da arte na vida destas persoas. Organiza: COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) Monitores: Purificación Salvador Rebolo, Javier Rey Feijoo, Javier Varela Quintás e Cristina Alonso Barreiro. Formación: Encarna lago González, Paula Cabaleiro, Adrián Pérez Lago e Cristina Fernández Lamela. O proxecto Artability supuxo para COGAMI-Lugo a apertura dunha fiestra á creatividade, á exploración das propias capacidades, á mellora na nosa estima, á adquis