PREVISIÓN
INFORMATIVA
Rolda
de prensa: Mércores, día 9 de setembro ás 12 horas
O
director do Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, ofrecerá unha
rolda de prensa mañá, mércores, 9 de setembro, ás 12 horas na
sede de Afundación (Praza Maior 16, Lugo) para presentar a
exposición Arte
e Solidariedade,
que se inaugura no mesmo espazo, o xoves 10 de setembro ás 20 horas.
Na rolda de prensa estarán tamén presentes Encarna Lago, comisaria
da exposición e un representante de Afundación.
Información da exposición
Arte e Solidariedade
A
exposición, organizada con motivo do 25 aniversario do Proxecto Home
Galicia e comisariada por Encarna Lago, chega a Lugo dentro da
programación itinerante prevista nas 7 cidades máis grandes de
Galicia. Pintura, escultura, fotografía e vídeo compoñen esta
mostra que pon de relevo o valioso compromiso social e a
solidariedade de máis de 200 artistas que colaboran nela, doando
total o parcialmente as súas obras.
Amais
do fondo de obras común
en todas as localidades, en cada cidade hai unha maior presenza dos
creadores locais. En concreto, na exposición de Vigo hai obras
doadas por 39 artistas da cidade, que se porán á venda para recadar
fondos para a institución. A mostra pode visitarse en Lugo do 10 de
setembro ao 3 de outubro, na sede de Afundación.
Balance
dos XXV anos do Proxecto Home Galicia
O
Proxecto Home Galicia naceu en 1990 co
obxecto de desenvolver programas terapéuticos para a rehabilitación
e reinserción social de persoas con adicións. A institución chega
en 2015 ao seu XXV aniversario cun balance de 35.965 persoas usuarias
dos programas terapéuticos ao longo deste período. Delas, 19.327
iniciaron algún tratamento e 8.000 conseguiron a súa rehabilitación
e inserción sociolaboral. O número de persoas beneficiarias
directas crece ata as 61.140, considerando neste grupo a aquelas
achegadas aos usuarios, especialmente os seus familiares que tamén
participan nas terapias. Todo esto, cunha estrutura de 276
profesionais e 1.376 persoas voluntarias que nestes anos quixeron
formar parte desta tarefa tan altamente humanitaria.
Saúdos
do Gabinete de Comunicación
MÁIS
INFORMACIÓN
-
Ramón Gómez CrespoEncarna LagoTeléfono: 629 359 092699 836 883