TAPAS
DE CULTURA
Menú
do día
TAPA
DE CULTURA ROMANA
Introdución
á cultura romana a través das pezas do museo para coñecer a orixe
de Lugo e relacionar as pezas do museo con outros espazos culturais
da cidade como a propia muralla, os mosaicos, as ventás
arqueolóxicas…
TAPA
DE COCIÑA
A
tapa de cociña achéganos á cultura popular e amósanos aspectos
sobre o xeito de vida tradicional, a etnografía e a historia do
antigo mosteiro de San Francisco.
TAPA
E ARQUITECTURA DO MUSEO
Dende
a entrada do museo a tapa de arquitectura lévanos ata a os espazos
que se conservan do antigo mosteiro de San Francisco que, xunto a un
breve comentario sobre a igrexa amósanos a orixe do edificio que
hoxe alberga o Museo Provincial.
Tapas de cultura
Despois
dunha breve introdución á historia do museo e do edificio que
alberga faranse breves percorridos “á carta” atendendo a algún
dos seguintes aspectos:
Roma
Introdución
á cultura romana a través das pezas do museo e relacionando outros
espazos culturais de Lugo con eles: muralla, mosaicos, ventás
arqueolóxicas…
Escultura
Unha
ración de escultura que nos leva dende as pezas románicas ata o
Nespereira pasando por Asorei.
Arte Moderno e Contemporaneo
Pinchos
de arte moderna e contemporánea para coñecer os principais artistas
galegos e lucenses do século pasado, facendo especial atención ás
artistas Maruja Mallo e Xulia Minguillón.
COCIÑA
Tapa
de cociña para achegarnos á cultura popular e saber algo máis
sobre o xeito de vida tradicional, a etnografía e a historia do
antigo mosteiro de San Francisco.
Ourivería
Presentación
do tesouro da colección Álvaro Gil, declarada recentemente Ben de
Interese Cultural polo seu incalculable valor, poráse en relación
con outras pezas castrexas do museo.
Castrexa
Breve
explicación dos puntos máis destacados da culturas preromanas en
Galicia e a influencia a través dun percorrido polos obxectos que os
habitantes do castro empregaban cada día.
Monasterio franciscano
Dende
a cociña do mosteiro ata a o claustro cun breve comentario sobre a
igrexa descubriremos a orixe do edificio que hoxe alberga o Museo
Provincial.
Romanticismo e inicios do século XX
Asomarse
á pintura de finais do século XIX e inicios do XX permite coñecer
aspectos da historia e a sociedade galega da época ó tempo que se
descubren notables artistas que traballaron en Galicia.
O Debuxo, Castelao
Da
man das obras de Castelao, Nespereira e Castro Gil podemos dar unha rápida
ollada ao debuxo,
o gravado e o deseño creado en Galicia o século pasado.