Ir al contenido principal

TAPAS DE CULTURA NA REDE MUSEÍSTICA DE LUGO

Tapas de Cultura e visitas Emancipadas na Rede Museística

As novas ofertas da Rede Museística para o verán 2015 inclúen breves percorridos guiados e guías para visitas autónomas


O Departamento de Didáctica da Rede Museística de Lugo, ofrece novas iniciativas gratuítas para que este verán os seus visitantes poidan gozar da cultura dende unha nova perspectiva. Así desde o 4 de agosto ata o 31 de setembro poranse en marcha nos museos da rede as Tapas de Cultura e as Vistas Emancipadas.
As Tapas de Cultura na Rede son percorridos temáticos de 20 minutos de duración centrados en diferentes aspectos das coleccións que van desde o legado romano en Lugo ata a arte contemporánea pasando pola ourivería e as pegadas medievais.
Estas “degustacións” culturais terán lugar de Luns a Venres ás 11:00 e ás 17:00 con comentarios en Galego ou Castelán e ás 11:30 mais ás 17:30 en varias lingua estranxeiras, entre elas inglés, italiano ou incluso xaponés, dado que a Rede participa este ano no proxecto de intercambio cultural con Xapón denominado Via Lactea, no que están involucradas as Universidades xaponesas de Aichi e Kanazawa.
Ademais destas píldoras de arte e cultura enfocadas dun xeito aberto e participativo os numerosos turistas que se achegan a Lugo durante o período estival contarán coa posibilidade de organizar a súa propia visita de antemán descargando os folletos informativos que a Rede pon a disposición na web en 12 linguas diferentes. Os amantes do lecer activo poderán programar con liberdade a súa visita contando sempre coa acollida e hospitalidade do persoal dos museos tamén coas Visitas Emancipadas. Con elas foméntanse as cada vez máis comúns rutas personalizadas para quen practica o turismo activo conte con percorridos orientativos acompañados dun mapa que amosan os museos da Rede a través de 10 pezas senlleiras localizadas en diferentes salas. Os itinerarios variarán cada mes, presentando diferentes obxectos e obras de arte representativos das coleccións custodiadas na Rede.









Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati