Desde o día 18 de agosto e ata o 22, ambos inclusive, realizaranse visitas comentadas na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo) onde se expoñen as obras dos 8 artistas seleccionados nesta 4º edición de EstudioAberto#4 [ residencia artística no Pazo San Marcos ]: MELANIA FREIRE (Lugo, 1991), NURIA RUIBAL (Oviedo, 1983), MIGUEL BENJUMEA (San Fernando, Cádiz, 1982), ROMÁN CORBATO (Gijón, 1980), MARÍA PRADA (Madrid, 1968), OLALLA CASTRO & NICOLETA MOISE (Lugo, 1989 & Bucarest, 1989), MARISOL MAZA (México DF, 1979), JUAN ANTONIO CEREZUELA (Cartagena, 1982)
Horarios das visitas:
Polas mañás: ás 11.00 e as 13.00 h./ Polas tardes: ás 18:00 e ás 19:00 h. Non é necesaria inscrición previa.
Horarios das visitas:
Polas mañás: ás 11.00 e as 13.00 h./ Polas tardes: ás 18:00 e ás 19:00 h. Non é necesaria inscrición previa.
Nestas visitas comentadas propónselle ao visitante un exercicio de reflexión sobre as interrogantes que cada obra lle pode suxerir, contrastándoas ademais coas que a cada artista lle gustase que o espectador se formulase.
Un exercio de diálogo entre a idea creadora e os seus efectos no espectador.
Agasallarase a cada asistente con unha publicación das editadas recentemente pola Rede Museística