Free counter and web stats

martes, 21 de abril de 2015

Un museo agradecido (Homenaxe do MPLugo ás persoas e entidades que o fixeron posible)

E
EXPOSICIÓN: Un museo agradecido (Homenaxe do MPLugo ás persoas e entidades que o fixeron posible)
(do 23 de abril ao 31 de maio de 2015)
O Museo Provincial de Lugo nace como froito das inquietudes culturais dun grupo de lucenses preocupados pola conservación e difusión do noso patrimonio histórico artístico. O impulso inicial dese grupo fundador unido ao apoio decidido, dende instancias políticas da Deputación Provincial, de persoas de distintas ideoloxías e sensibilidades, deu lugar a un proxecto que se caracterizou, dende o momento inicial ata o día de hoxe, pola implicación dinámica e activa da sociedade lucense e galega na súa consolidación e avance.