Ir al contenido principal

Novas incorporacións á exposición permanente do Museo de San Paio de Narla

Novas incorporacións á exposición permanente do Museo de San Paio de Narla

Recentemente foron incorporadas á exposición permanente do Museo Fortaleza  de San Paio de Narla (Friol)  dúas importantes coleccións que enriquecerán os fondos que neste museo se amosan. Trátase, por un lado, dun conxunto de sete camas, todas elas barrocas agás unha de época neoclásica, que foran retiradas para a súa restauración, xa que foron sometidas a labores de sentado e reintegracións de cor, estucado, desinsección, consolidación e ensamblado da carpintaría.
Asemade, estas camas foron sometidas a un profondo estudo, por parte de Mª del Rosario Fernández González, responsable de Etnografía e Artes Decorativas da Rede Museística da Deputación de Lugo,  o que permitiu datar e coñecer a procedencia xeográfica de todas elas. Cinco das sete camas realizáronse na rexión levantino-catalá, probablemente en Olot, no século XVIII,  a imitación das que nese momento se estaban a facer en Italia. Teñen unha forma característica, con remate en copete e decorándose con esceas relixiosas, marmoleados ou paisaxes realizadas en policromía e dourado. Outra das camas é de tipo portugués cunha superposición de balaustres torneados típica do país veciño, policromada en tonos vermellos e verdes e presidida pola figura dun frade en actitude orante. Pecha este conxunto unha peza neoclásica de liñas moi rectas e decoración arquitectónica procedente de navarra.             
A segunda colección está composta por un fermoso conxunto de esporas, procedentes de Arxentina, Chile e México, que foi incorporado á xa existente colección de cadeiras de equitación deste museo, que amosa dende sorprendentes pezas empregadas polos gauchos arxentinos ata delicados exemplares infantís. 

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati